Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 761 novas da área temática Benestar:

25/03/2023 | 12:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiará o equipamento do novo centro social municipal para persoas maiores de Arbo

O Goberno galego tamén inviste 270.000 euros nas obras de acondicionamento do edificio que albergará este recurso e cuxa xestión dependerá do Concello

24/03/2023 | 15:56 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abrirá a principios do vindeiro ano o primeiro centro de coidados intermedios público no Cegadi

Contará con 60 prazas de atención agrupadas en catro unidades de convivencia para un máximo de 15 persoas cada unha delas

24/03/2023 | 13:42 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiará obras de mellora nas dúas escolas infantís e no centros de día público do Porriño

O investimento nas actuacións programadas nos tres centros ascende a 55.000 euros

23/03/2023 | 17:52 | C. do Medio Rural

A Xunta dinamiza o núcleo rural da aldea modelo de Trascastro, no concello do Incio, para contribuír ao seu desenvolvemento económico e á fixación de poboación

A aldea modelo de Trascastro foi a primeira decretada na provincia de Lugo e abrangue unha superficie de 14 hectáreas dividida en 136 parcelas, propiedade de 82 veciños

23/03/2023 | 15:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o labor de UNICEF en materia humanitaria e de cooperación exterior con 1,5 M€ nos últimos anos

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes reuniuse hoxe co presidente executivo de UNICEF España

23/03/2023 | 12:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mantén a casa niño de Dozón por sexto ano consecutivo cunha achega de case 25.000 €

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o alcalde, Adolfo Campos, visitaron esta mañá o centro Pequeniños, dirixido por Ylenia Varela e que ten completas as súas cinco prazas de atención infantil para cativos de 0 a 3 anos

22/03/2023 | 20:31 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o traballo de Down Compostela na gala de entrega dos premios da entidade

Fabiola García agradeceu aos galardoados que fagan de Santiago unha cidade máis integradora na que todas as persoas poden levar unha vida participativa, autónoma e plena

22/03/2023 | 18:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta salienta as novas oportunidades laborais que se abren para os profesionais dos servizos sociais e a educación no ámbito da protección a menores

Jacobo Rey remarcou a nova figura do acollemento familiar especializado, para familias nas que polo menos un dos seus membros conta cunha cualificación profesional, experiencia ou formación específicas

22/03/2023 | 15:55 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta sinala que o Concello de Ponteceso non solicitou acollerse ao Plan de investimentos para dotarse dunha residencia de maiores

De ter presentado unha proposta podería beneficiarse dunha axuda de ata 1,2 millóns de euros para a construción do centro