Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 123 novas da área temática Xustiza:

27/10/2023 | 12:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta destina case 364 M€ en 2024 ao fomento do deporte, á modernización da xustiza, ao apoio ás entidades locais e aos servizos de emerxencias, e a prol da acción exterior da comunidade

O vicepresidente primeiro da Xunta, Diego Calvo, compareceu hoxe no Parlamento de Galicia para explicar as contas do seu departamento para o vindeiro ano

24/10/2023 | 15:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta, a Fegamp e as deputacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra condenan o uso da violencia nas protestas dos bombeiros comarcais

Expresan a súa rotunda condena ao uso da violencia nas protestas e instan aos bombeiros a retomar a vía do diálogo para dar solución ás súas demandas

24/10/2023 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mantén o compromiso coa mediación como resolución alternativa de conflitos con 125.000 euros nos orzamentos para 2024

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asinou hoxe convenios co Ilustre Colexio de Avogados da Coruña e co Consello Galego dos Procuradores cun montante total de 25.000 euros para impulsar este modelo nas xurisdicións civil e mercantil e no ámbito penal
 

20/10/2023 | 10:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica esclarece dous incendios forestais nos concellos de Teo e Punxín

Os axentes comprobaron que o lume no municipio teense fora provocado polo presunto autor empregando gasolina nun monte próximo a vivendas e no caso do de Punxín orixinouse durante labores de roza sen respectar as medidas de seguridade

19/10/2023 | 20:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta sinala o papel do Tribunal Constitucional como garante dos dereitos fundamentais e da convivencia en democracia

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na inauguración das xornadas anuais da Asociación de Letrados do Tribunal Constitucional

10/10/2023 | 10:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta salienta o labor xurídico realizado polos graduados sociais como motor da xustiza social

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou na inauguración da ‘III Xornada laboralista’, organizada polo Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra, que clausurará a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha

06/10/2023 | 13:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Marín conta xa con xulgados enerxeticamente eficientes tras as melloras realizadas pola Xunta cun orzamento superior aos 261.000 €

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou o edificio para comprobar as obras executadas