Actualidade
Buscador de novas
O conselleiro do Mar reúnese coa confraría de Corcubión para abordar as necesidades en materia pesqueira e portuaria dos seus profesionais
Alfonso Villares enmarcou este encontro dentro da rolda de visitas que o seu departamento vén realizando para coñecer de xeito directo as demandas dos usuarios dos 122 peiraos autonómicos
A Xunta somete a información pública o novo documento de delimitación de espazos e usos portuarios de Sanxenxo
O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a resolución de Portos de Galicia pola que se inicia o procedemento que contempla un prazo de dous meses para a presentación de alegacións polas persoas interesadas
Os proxectos para a modernización de buques acadan un novo máximo con 85 axudas concedidas este ano por máis dun millón e medio de euros
Antonio Basanta detalla que se ampliou o crédito inicial debido ao importante número de solicitudes presentadas para actuacións que melloran as condicións a bordo, a eficiencia enerxética e motriz e que as que aumentan o valor engadido nas frotas
O observatorio costeiro da Xunta participa nun novo proxecto europeo para mellorar a resiliencia costeira na eurorexión Galicia-norte de Portugal
CAPTA establecerá as bases para o desenvolvemento futuro de políticas e instrumentos de planificación conxuntas na eurorexión que faciliten acadar a neutralidade climática
Galicia reclama avances que permitan elevar as posibilidades de pesca da súa frota para 2024 fronte á proposta inicial que se negocia da Comisión Europea
Desde a comunidade pídeselle ao Ministerio que se aproveite a presidencia de España do Consello para propiciar avances nas cotas e os totais admisibles de capturas nas especies de maior interese para os profesionais do mar galegos
A Xunta inviste 375.000 € na mellora e acondicionamento dos locais dos armadores no porto de San Cibrao
O conselleiro do Mar destacou que esta actuación redundará positivamente nas condicións de traballo dos usuarios así como na redución das necesidades de mantemento dos edificios
Galicia demanda cotas adicionais de aquí a finais de ano en especies como a sardiña, o badexo e o alfonsino
A Dirección Xeral de Pesca consegue que a frota do xeito poda seguir coa pesqueira e continuar coas capturas ata que remate o mes de decembro
A Xunta executa melloras por importe de 1,5 millóns de euros nas instalacións portuarias do municipio de Poio
Alfonso Villares lembrou que Portos de Galicia leva a cabo tamén as obras de remodelación e humanización do acceso ao porto de Raxó por 830.000 euros