Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 198 novas da área temática Novas tecnoloxías:

30/05/2024 | 11:12 | C. de Facenda e Administración Pública

O Centro Gaiástech aborda os horizontes dixitais dos sectores cultural, deportivo e turístico nun encontro con expertos

A xornada, que terá lugar o día 4 en horario de mañá na Sala Eisenman da Cidade da Cultura, analizará en tres mesas redondas os retos e aplicacións da tecnoloxía en cada ámbito

30/05/2024 | 10:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aposta pola dixitalización para impulsar o emprendemento ligado ás necesidades do territorio

José González puxo en valor a Rede de polos de emprendemento que leva atendidos uns 1.900 proxectos e na que se enmarca o Plan de remuda para garantir a continuidade dos negocios

29/05/2024 | 18:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A nova dirección de Gain establece contacto con diferentes axentes do ecosistema galego de I+D+i

A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, recibiu esta mañá a representantes da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) dependente da consellería de Sanidade e do Clúster TIC

21/05/2024 | 16:23 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca no Govtech4impact World Congress o esforzo de Galicia para situarse á vangarda de Europa no desenvolvemento dunha intelixencia artificial ética e humanista

Miguel Corgos asiste á inauguración do congreso mundial sobre dixitalización e innovación e participa nunha reunión a porta pechada con representantes de outras CC.AA.

17/05/2024 | 14:00 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
28/04/2024 | 14:56 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta presentará no IV Encontro CIBER.gal os proxectos para liderar a ciberseguridade no ámbito do transporte

O Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal organiza a cuarta edición deste evento de referencias para os días 6 e 7 de novembro na Cidade da Cultura

19/04/2024 | 14:39 | C. de Facenda e Administración Pública

O sector tecnolóxico galego xerou preto de 4.000 postos de traballo nos últimos cinco anos

Roza xa os 23.000 empregos directos na Comunidade e mantense no quinto posto do Estado en número de empresas, con 3.140

12/04/2024 | 13:42 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia, Castela e León, Madrid e País Vasco son as comunidades cos portais institucionais máis accesibles

O Observatorio de Accesibilidade Web destaca no seu informe anual o traballo realizado por estas catro comunidades

10/04/2024 | 17:06 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

Galicia recibe da UE o ofrecemento de formar parte dunha rede de rexións de referencia en intelixencia artificial

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia presentou en Bruxelas os avances da lei autonómica, que será presentada para a súa aprobación antes do verán