Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

20/06/2024 | 12:50 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza labores de conservación e mantemento nun tramo do río Umia ao seu paso por varios concellos

As tarefas, que se centran en arredor de 4,2 quilómetros da canle fluvial, inclúen a roza puntual de arbustos e a retirada de árbores e biomasa para evitar atoamentos

19/06/2024 | 15:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta investirá preto de 11 M€ ata 2026 nas obras de construción da nova estación depuradora de Santiago

O resto do investimento, ata arredor de 60 millóns de euros, correspóndese na súa maior parte con fondos europeos Next Generation xestionados polo Goberno central aos que se engade unha partida sufragada polo Goberno municipal 

19/06/2024 | 15:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avoga pola colaboración do sector público e privado para consolidar Galicia como referente na xestión sostible de residuos

Ramón Boga lembra que o Goberno galego vén de aprobar o Plan de xestión de residuos industriais, que inclúe máis de 40 medidas a desenvolver ata 2030 de cara a fomentar a preparación para a reutilización e do reciclado de alta calidade dos refugallos

19/06/2024 | 12:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia defende a importancia de traballar en Europa para que as posicións das comunidades autónomas sexan tidas en conta na toma de decisións

A comunidade galega asume a representación das autonomías en materia de Medio Ambiente no segundo semestre do ano coa finalidade de facer valer os intereses das rexións españolas ante as autoridades europeas

19/06/2024 | 12:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede autorización ambiental ao proxecto de mellora da planta de elaboración de produtos lácteos Dayrilac no concello de Melide

A Declaración de Impacto Ambiental emitida pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático conclúe que a proposta da empresa é viable e non terá impacto na contorna sempre que se cumpran os condicionantes recollidos no propio documento

18/06/2024 | 16:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta contribúe á conservación das formacións de árbores do Pazo de Rubiáns incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático concedeu varias axudas para a protección e mellora dos exemplares presentes neste espazo por importe de máis de 11.500 euros e outras na área territorial que suman 22.000 euros

18/06/2024 | 16:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia traballa na sensibilización do conxunto da sociedade para afondar na redución do desperdicio alimentario en toda a cadea de valor

A Xunta impulsa medidas como un código de boas prácticas ou un plan de acción para concienciar a todos os actores que interveñen desde que se produce un alimento ata que chega ao consumidor final

17/06/2024 | 19:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Clúster de Solucións Ambientais estudan fórmulas de colaboración para fomentar a innovación sostible e a loita contra o cambio climático

Avalían diferentes iniciativas dirixidas a dar a coñecer as novidades tecnolóxicas no ámbito das solucións ambientais, así como as últimas innovacións no eido da economía circular e da loita contra o quecemento global

16/06/2024 | 10:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inviste máis de 60.000 euros no estudo da distribución e abundancia de distintas especies de fentos de Valgada ameazados en Galicia

O contrato, cofinanciado con fondos europeos e adxudicado á Universidade da Coruña, permitirá avaliar a distribución de sete especies mediante a realización de traballos de campo en 34 zonas da provincia da Coruña, 28 de Lugo e cinco de Pontevedra

15/06/2024 | 09:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ofrece 350 rutas guiadas con 4.000 prazas dispoñibles para visitar o Parque Nacional das Illas Atlánticas entre xuño e setembro

As rutas son de balde, pero as persoas interesadas deberán facerse cargo do custo do transporte ás illas e inscribirse previamente na web da central de reservas ou persoalmente nas casetas de información que hai en Cíes e en Ons no día da visita