Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 327 novas da área temática i+D+i:

27/02/2024 | 15:56 | C. de Economía e Industria

Lorenzana aposta por seguir impulsando a modernización e a diversificación no sector naval

A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro con representantes de Aclunaga para avaliar conxuntamente os retos e necesidades desta industria

24/02/2024 | 11:02 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 4,5 M€ a impulsar a competitividade das pemes galegas a través da innovación e o deseño

O obxectivo é apoiar 60 proxectos que poderían mobilizar 9 millóns de euros

23/02/2024 | 13:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor o programa Ignicia Transferencia de Coñecemento pola súa contribución á transformación do modelo económico galego

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá en Santiago de Compostela nun seminario enmarcado no programa DINA, unha iniciativa do Ministerio de Ciencia e Innovación coordinada polo CSIC que se desenvolve en Galicia co apoio da Xunta dentro das actividades de formación en materia de transferencia do coñecemento

20/02/2024 | 16:50 | C. de Sanidade

O Sergas participa na presentación dos resultados do proxecto Código 100 para a resección avanzada de tumores rectais

O dispositivo UNI-VEC foi desenvolto a través do procedemento de contratación “Asociación para a Innovación” no marco do Plan de Innovación Código 100, que contou cun orzamento de 13 millóns de euros financiado nun 80 % polo Programa Operativo FEDER 2014-2020

20/02/2024 | 15:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor a importancia do talento e a innovación como eixos vertebradores da competitividade empresarial

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou nunha xornada de formación e titorías da quinta edición da Business Factory do sector aeronáutico (BFAero) tras visitar as instalacións da empresa 3eData, cualificada pola Xunta como iniciativa de emprego de base tecnolóxica

14/02/2024 | 12:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca unha nova liña de axudas que apoia conxuntamente proxectos de I+D+i e investimento produtivo

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e a directora do Igape, Covadonga Toca, informaron hoxe da convocatoria conxunta Misións RIS3, que busca mobilizar capacidades empresariais, de coñecemento e tecnolóxicas de diferentes ámbitos e sectores

12/02/2024 | 15:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta analiza co ecosistema do Polo Aeroespacial de Galicia as súas necesidades de formación

Na xornada participaron a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e representantes da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
 

12/02/2024 | 14:10 | C. de Facenda e Administración Pública

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia entra a formar parte da Alianza Global de Ciberseguridade (GCA)

Esta adhesión fortalece o ecosistema do Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal
 

11/02/2024 | 10:06 | C. de Facenda e Administración Pública

O centro Gaiástech celebra o Día da muller e da nena na ciencia cun ciclo de faladoiros con mulleres tecnólogas

O primeiro encontro será o 15 de febreiro con Susana Ladra, vicepresidenta do Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia
 

09/02/2024 | 14:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a participación da peme de Castro de Rei Agroamb en proxectos de I+D+i europeos

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou esta mañá a compañía para animar ao tecido produtivo a concorrer a convocatorias estatais e europeas de financiamento da I+D+i, complementarias ás axudas da Axencia