Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 127 novas da área temática Facenda:

22/12/2023 | 14:28 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia pecha o mes de outubro como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 14,71 días, 18 días por debaixo da media autonómica, que foi de 32,71 días

21/12/2023 | 14:33 | C. de Facenda e Administración Pública

A EGAP presenta un plan de formación con importantes novidades nas áreas de igualdade e novas tecnoloxías

A directora da Escola presentou esta mañá ao Consello Reitor do organismo a previsión de actividades dirixidas ao persoal empregado público para o ano 2024

20/12/2023 | 14:22 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta facilita ao Consello de Contas o acceso á carteira de servizos dixitais da administración electrónica

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Consello de Contas formalizaron esta colaboración coa sinatura dun convenio

19/12/2023 | 14:10 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública

Galicia convértese na primeira comunidade autónoma en aprobar os seus orzamentos para 2024

O Parlamento galego deu hoxe o visto e prace as contas do vindeiro ano

15/12/2023 | 12:59 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia reduciu a súa débeda ata o 16,1 % do PIB no terceiro trimestre e sitúase 6,2 puntos por debaixo da media de comunidades

A ratio débeda/PIB de Galicia é seis décimas inferior á rexistrada no trimestre anterior

14/12/2023 | 19:01 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta pon en valor o papel da comunicación para enfrontar os retos do sector público

A Escola Galega de Administración Pública pecha o Curso superior sobre planificación estratéxica, xestión e comunicación no ámbito da economía pública de Galicia

13/12/2023 | 18:37 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta aborda coas principais entidades financeiras a situación do mercado hipotecario en Galicia

O conselleiro de Facenda e Administración Pública reuniuse con representantes das entidades que operan na Comunidade galega

12/12/2023 | 13:53 | C. de Facenda e Administración Pública

A rede ceMIT conectará a preto de 800 nenos e nenas de toda Galicia con Papá Noel a través de videoconferencia

Alumnado de entre 3 e 7 anos de máis de 20 concellos das catro provincias participarán nesta actividade ata o 21 de decembro

11/12/2023 | 20:02 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta advirte que os recursos de financiamento autonómico non teñen en conta o impacto nas arcas galegas das medidas de loita contra a inflación

As cifras comunicadas no CPFF confirman a prudencia do Goberno galego no cálculo empregado para as contas do vindeiro ano

03/12/2023 | 10:28 | C. de Facenda e Administración Pública

Máis do 64 % dos galegos e galegas dispoñen de competencias dixitais básicas ou avanzadas

Nos dous últimos anos, Galicia creceu 2,5 puntos neste indicador, fronte aos 2 puntos do conxunto do Estado