Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 192 novas da área temática Enerxía:

24/01/2024 | 11:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta organiza un webinario para informar da convocatoria destinada a proxectos de gases renovables

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participará neste encontro informativo que se celebra mañá

22/01/2024 | 17:55 | C. de Economía e Industria

Lorenzana salienta que a Xunta busca apoiar as empresas fronte ao aumento dos custos enerxéticos e de implantación

Asegura que a prioridade do Goberno galego está sendo a de desburocratizar, facilitar o acceso a solo industrial e ao financiamento, e impulsar as renovables

18/01/2024 | 10:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta publica a nova convocatoria de axudas aos concellos para eficiencia enerxética dotada con 5,3 M€

A medida, cofinanciada con fondos Feder, vai dirixida a municipios de menos de 30.000 habitantes que fagan melloras de illamento, iluminación ou climatización e calefacción

09/01/2024 | 21:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a importancia da coxeración no proceso de transformación enerxética e industrial

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou hoxe en Ames a planta de Neoelectra, asociada ás instalacións de Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), xunto con representantes da Asociación Española de Coxeración (Acogen)

02/01/2024 | 12:40 | C. de Economía e Industria

A Xunta e a Fundación Catedral de Santiago colaboran na mellora da eficiencia enerxética de varios espazos do museo

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, supervisou o proxecto acompañado por persoal do Inega

25/12/2023 | 12:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta destina 7,5 M€ a unha nova convocatoria de axudas que impulsará proxectos de gases renovables

Trátase da primeira vez que Galicia conta con apoios específicos para iniciativas consistentes na produción de hidróxeno de orixe renovable e de biogás e biometano

22/12/2023 | 13:14 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o servizo público que vai prestar a nova central de biomasa do barrio da Residencia de Lugo

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe estas instalacións, que considerou unha mostra do compromiso da Xunta coa sustentabilidade ambiental e económica do sector público en Galicia

19/12/2023 | 21:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A colaboración da Xunta co Clúster de Enerxías Renovables de Galicia permitiu en dous anos a formación de 1.820 persoas a través de 31 cursos

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, participou hoxe na Coruña na segunda edición do Foro de Formación e Emprego no sector enerxético – Enerforum 2023

18/12/2023 | 16:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta destinou 1,6 M€ a case 400 empresas lucenses para mellorar a eficiencia enerxética a través do Bono Enerxía Peme

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que está convocada a cuarta edición das achegas, que son de concorrencia non competitiva e contan cun orzamento de 3M€

15/12/2023 | 15:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste 140.000 euros na renovación da cuberta do polideportivo de Rodeiro e na instalación de placas fotovoltaicas

Esta axuda permitiu mellorar substancialmente a eficiencia enerxética do edificio que pasará a ser practicamente autosuficiente