Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

18/06/2024 | 17:54 | C. de Economía e Industria

Lorenzana reúnese coa Federación Galega de Talleres para avaliar a mellora da competitividade dun sector en plena transformación

A conselleira de Economía e Industria avanzou o apoio do Goberno da Xunta a un negocio que aglutina a máis de 2.100 empresas e da traballo a 8.400 persoas en Galicia e que está a facer fronte aos novos retos que leva aparellados a descarbonización e a electrificación da automoción

18/06/2024 | 13:31 | A Presidencia da Xunta

Rueda subliña o compromiso cunha Galicia plenamente integrada nunha España constitucional e nunha Europa forte e unida

Fai fincapé nunha xestión rigorosa que permite manter uns servizos públicos de calidade

18/06/2024 | 12:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta sitúa a innovación como “motor clave” para o crecemento e a competitividade empresarial

A directora do Igape, Covadonga Toca, inaugura a 3ª edición do Innovation Big Date onde pon en valor a nova área de innovación empresarial do Instituto centrada na creación de empresas, na transferencia de tecnoloxía ao tecido produtivo, na captación de fondos ou nas estratexias de internacionalización da innovación

18/06/2024 | 11:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon o foco no impulso e apoio ao emprego innovador a través do cooperativismo en Galicia

José González, quen estivo acompañado na visita do secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, destacou que apostar polo emprego innovador na economía social é avogar pola economía do futuro

18/06/2024 | 11:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia e o concello de Castrelo de Miño analizan as posibilidades de crecemento industrial do municipio ourensán

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, está a manter unha rolda de contactos cos rexedores galegos logo de incorporar a política de planificación de solo empresarial ao seu departamento

17/06/2024 | 18:05 | C. de Economía e Industria

Lorenzana subliña o papel da Oficina Económica do Igape para o mantemento da actividade produtiva e do emprego no proceso de venda da pesqueira Fandiscosta

A conselleira de Economía e Industria agradeceu o intenso traballo despregado por todas as partes para alcanzar un acordo que permitirá manter, tal e como se solicitou desde o Goberno galego, como mínimo, co 90% do persoal de produción, dunha empresa que conta no seu cadro de persoal con 214 traballadores

17/06/2024 | 16:48 | A Presidencia da Xunta

A Xunta concede as Medallas Castelao 2024 a Leilía, Borja Golán, Amancio López Seijas, Maite Isla e Asomega

Rueda salienta que estes galardóns “son un dos recoñecementos máis importantes que outorga a comunidade”

17/06/2024 | 15:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta pon en valor a aposta pola innovación e a procura de novos mercados para o crecemento e a mellora competitiva do tecido empresarial

A directora do Igape, Covadonga Toca, visitou esta mañá a empresa Quobis, unha das pemes que participou na primeira edición da aceleradora de internacionalización da innovación Galicia Avanza 

16/06/2024 | 12:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

José González avalía coa Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais a importancia de reforzar a difusión e visibilización do traballo destas entidades

O titular de Emprego compartiu co máximo representante do colectivo en Galicia que é clave trasladar as vantaxes que ofrecen dentro da economía social 

14/06/2024 | 15:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta o papel de ViaGalicia na configuración dun ecosistema emprendedor galego sustentado no talento e na innovación

A directora do Igape, Covadonga Toca, clausura a 7ª edición dunha aceleradora que ten impulsado ata o de agora a creación de 93 empresas das que preto do 70% seguen activas, xerando máis de 500 postos de traballo e 45 millóns de facturación