Actualidade
Buscador de novas
Anxo M. Lorenzo sinala a Feira do libro de Ponteareas como promotora da literatura en galego
O director xeral de Cultura participa na inauguración da oitava parada do circuíto impulsado pola Xunta e a Federación de Librarías de Galicia que contará con Alexandre Bouzó como pregoeiro
A Xunta coproducirá tres novos espectáculos de danza a través do Centro Coreográfico Galego
Son dúas pezas de compañías consolidadas: ‘Mover cenizas’, de Sólodos, e ‘Cicatriz’, de Kirenia Martínez; e outra proposta na modalidade de profesionais emerxentes: ‘Transeúnte’, de Daniel Rodríguez
Rueda salienta o papel da cultura á hora de conservar e difundir a identidade e tradicións dun territorio
Asegura que a través dos contos e fábulas é posible coñecer os cambios na realidade social dunha terra ao longo do tempo
O rap feminista en galego de Flow do Toxo e a psicodelia pop de Naked Family soben esta semana ao escenario de ‘Atardecer no Gaiás’
As rapeiras do Condado actuarán mañá na Cidade da Cultura ás 21,00 horas e o venres será a quenda para os ritmos hipnóticos da banda madrileña
A Xunta apoia un ano máis o Atlantic Fest para reforzar a Marca Galicia a través dos festivais
O director de Turismo de Galicia salienta que, “suma atractivos turísticos a Vilagarcía de Arousa e ao Salnés” e resalta o compromiso do Goberno autonómico con este destino como demostra, dixo, o centro de recepción de visitantes náuticos que vén de autorizar
López Campos refírese ao Festival Castelo conta “como unha gran festa para celebrar as nosas raíces, a nosa lingua e a nosa cultura”
O representante da Xunta de Galicia agradece a implicación de profesionais como o actor Xosé Antonio Touriñán nesta iniciativa que ofrece unha programación diversa
A Xunta ofrece este verán co ‘CulturON 2024’ máis de 500 plans culturais para todas as idades na área de Vigo
A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, acudiu ao Acuario do Museo do Mar de Galicia no que se celebran visitas guiadas