Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 211 novas da área temática Auga:

11/02/2024 | 10:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de limpeza nos treitos interurbanos do río Xunco, no concello de Cervo

Os traballos estanse a desenvolver no percorrido do río polas parroquia San Román de Vilaestrofe, Sargadelos e Cervo

07/02/2024 | 14:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 952.000 euros as obras para dotar varios núcleos do concello de Lousame dun sistema de saneamento eficiente

O contrato ten como obxectivo garantir un servizo axeitado aos veciños de Devesa, A Silva, Berrimes, As Quintáns, A Costa e a parte do núcleo de Croído

02/02/2024 | 11:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
31/01/2024 | 15:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 1,1 M€ as obras para dotar de abastecemento os núcleos de Nantón e Anos, no concello de Cabana de Bergantiños

Trátase de levar este servizo municipal a estes dous núcleos e asegurar o subministro de auga ao municipio e ao futuro parque industrial da Costa da Morte, co obxectivo de garantir o mesmo a unha poboación total futura de preto de 2.000 persoas

28/01/2024 | 11:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Brexa e Mero ao seu paso polo concello de Cambre

As intervencións no río Brexa estanse a desenvolver no percorrido polo lugar do Muíño do Vilar, nunha lonxitude que suma preto de 235 metros

20/01/2024 | 11:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
19/01/2024 | 11:48 | C. do Medio Rural

Xunta e Deputación reafirman o seu compromiso cos regantes da Limia e piden un esforzo adicional ao Goberno na financiación da modernización do regadío

A Xunta de Galicia xa leva investido preto de 7 millóns de euros nesta actuación, ao asumir integramente o custe dos pozos e do sistema de bombeo

14/01/2024 | 17:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta elimina un punto de vertido de augas residuais industriais no concello de Arzúa

Os técnicos do Programa de Control de Vertidos, xunto coa Gardería Fluvial de Augas de Galicia, detectaron esta achega irregular nunha inspección rutineira de control

12/01/2024 | 15:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remítelle ao concello de Neda o resultado do estudo dos ríos Basteiro e Belelle e as solucións propostas para minimizar os riscos das inundacións na súa contorna

Augas de Galicia pon á disposición da entidade local os estudos elaborados e as propostas na mellora da xestión dos episodios de asolagamento na contorna destes ríos, cuxos resultados foron abordados co Concello o pasado 18 de decembro

12/01/2024 | 13:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Triacastela colaboran achegando 566.000 euros para ampliar a capacidade da depuradora e poder servir case ao dobre de poboación

Incrementarase a capacidade de depuración da planta de tratamento de augas residuais que poderá servir a 611 habitantes fronte aos 350 da actual, atendendo así ás necesidades derivadas do atractivo turístico do concello, integrado no Camiño Francés