Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.943 novas da área temática Áreas temáticas:

20/07/2024 | 12:09 | C. de Sanidade

A Xunta humaniza os espazos do hospital de día oncohematolóxico do Hospital Público do Salnés

O hospital de día oncohematolóxico do distrito arousán comezou a súa actividade hai máis de catro anos, en xaneiro de 2020, e ten unha superficie de 250 metros cadrados, con capacidade para dez pacientes

20/07/2024 | 10:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta reclama a Stellantis que teña en conta os provedores galegos en futuras licitacións

A reunión convocouse para dar a coñecer a Stellantis o programa de axudas a provedores da automoción convocado pola Xunta e o borrador do Plan director para o sector, aprobado esta semana

19/07/2024 | 20:38 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta asiste á inauguración da nova escola infantil Agarimo de Rianxo

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou no acto

19/07/2024 | 20:34 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos celebra os 40 anos da Mostra de Teatro de Ribadavia como evento esencial na evolución escénica de Galicia

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa no acto de inauguración do festival, que se desenvolverá ata o 27 de xullo con máis dunha vintena de propostas artísticas en cartel

19/07/2024 | 20:03 | C. do Medio Rural

A conselleira do Medio Rural destaca a calidade dos viños da Ribeira Sacra e pon en valor o traballo dos viticultores e adegueiros

Salientou a colaboración do Goberno galego co sector vitivinícola a través da  súa Estratexia de dinamización e dun conxunto de axudas que ascenden a máis de 10 millóns de euros neste 2024 

19/07/2024 | 20:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira M. Allegue destaca que eventos coma o festival IKFEM Tui-Valença fortalecen a eurorrexión

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, xunto co presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a comisaria europea de Cohesión e Reformas, Elisa Ferreira, participa hoxe na duodécima edición deste evento cultural 

19/07/2024 | 18:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca as oportunidades laborais da primeira promoción de expertos en elaboración e negociación de plans de igualdade da Universidade da Coruña

O  secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta tarde no acto de despedida e entrega de diplomas a este alumnado da Escola de Relacións Laborais herculina

19/07/2024 | 18:04 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o papel dos consellos reguladores na defensa da calidade alimentaria de Galicia

María José Gómez reafirmou o apoio do Goberno galego a estas entidades, co fin de afianzar o peso das producións de calidade en Galicia e tamén no panorama nacional e internacional

19/07/2024 | 17:55 | C. de Sanidade

Restablécese na súa práctica totalidade a operatividade informática nos hospitais e centros de saúde do Servizo Galego de Saúde sen rexistrar incidencias destacadas

Os servizos informáticos dos centros do Servizo Galego de Saúde foron recuperando a normalidade de xeito progresivo ao longo da mañá, tras o fallo informático provocado pola plataforma de seguridade CrowdStrike, con incidencia mundial