Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.293 novas da área temática Sanidade:

14/11/2023 | 12:14 | C. de Sanidade

A Xerente do Sergas participa na inauguración das xornadas de simulación de medicina avanzada en emerxencias que organizan a USC e Semergen

Estrella López-Pardo salienta a importante proxección internacional dun encontro no que se dan cita docentes de medicina de Ucraína, Xeorxia, Grecia e Lituania

13/11/2023 | 19:41 | C. de Sanidade

Galicia recibe o Premio MERCO ao liderado reputacional en oncoloxía

O director xeral de Asistencia Sanitaria recolle o galardón que valora o investimento da Xunta en terapias avanzadas e medicina de precisión

13/11/2023 | 15:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta contempla todas as posibilidades para normalizar a situación asistencial da especialidade de pediatría no Centro de Saúde do Carballiño

O delegado territorial e o xerente explicáronlle aos presentes que o centro de saúde do Carballiño conta con 2 prazas de pediatría, pero por xubilación e comisión de servizos nestes momentos a atención pediátrica estase a cubrir con médicos de Familia Puericultor

11/11/2023 | 18:46 | C. de Sanidade

A aplicación Sergas Diabetes permite a pacientes e profesionais sanitarios facer un seguimento da enfermidade a través do móbil

Así o salienta o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na Xornada Diabetes Evolution 2023, que se celebra na Coruña

11/11/2023 | 11:45 | C. de Sanidade

Sanidade citará para a vacinación fronte á gripe os menores de entre 6 e 59 meses durante dúas fins de semana consecutivas

A Dirección Xeral de Saúde Publica comezou o envío de SMS para convocar os nenos e nenas deste tramo de idade a seren vacinados, durante as xornadas do 18 e o 19 de novembro; e do 25 e do 26 novembro

10/11/2023 | 20:46 | C. de Sanidade

A Xunta pon en valor a mellora da protección dos nenos galegos cun investimento de case 40 millóns de euros no programa galego de vacinación

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, subliña o reforzo do cribado neonatal, que inclúe ata 30 patoloxías, no marco do 73º Congreso da Sociedade de Pediatría de Galicia

10/11/2023 | 19:57 | C. de Sanidade

Os servizos de endocrinoloxía dos hospitais do Sergas atenderon no que vai de ano a preto de 144.000 pacientes en consultas externas

Así o destaca a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria da Consellería de Sanidade, Sofía López Linares, no acto de inauguración do 36 Congreso da Sociedade Galega de Endocrinoloxía, Nutrición e Metabolismo

10/11/2023 | 14:06 | C. de Sanidade

Máis de 4.500 pacientes beneficiáronse da vía rápida do melanoma do Sergas desde o 2018

O Servizo Galego de Saúde mantén un tempo medio de espera de menos de catro días para obter un diagnóstico

10/11/2023 | 11:33 | C. de Sanidade

O Sergas publica a relación definitiva de admitidos no concurso-oposición para o ingreso en 51 categorías de persoal estatutario

Resultan admitidas 22.197 persoas nos procesos selectivos de concurso-oposición para un total de 1.086 prazas ofertadas