Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.054 novas da área temática Emprego:

05/10/2023 | 16:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada da Xunta destaca os altos índices de inserción laboral do Programa Integrado de Emprego de Mos

Ana Ortiz participou xunto á alcaldesa Nidia Arévalo na Mesa Sectorial Kit ao Emprego celebrada este xoves

05/10/2023 | 15:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

As asociacións de autónomos aportarán a súa experiencia no proceso de mentorización e asesoramento a través dos polos de emprendemento da Xunta

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, mantivo hoxe unha xuntanza co colectivo dos traballadores por conta propia no seo da Mesa do Emprego Autónomo de Galicia

05/10/2023 | 14:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
05/10/2023 | 10:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina 2,2 M€ a contratar axentes de emprego de desenvolvemento local para contribuír á dinamización da economía

O DOG publica hoxe a convocatoria de axudas para apoiar aos consistorios na implantación de políticas activas de emprego relacionadas coa creación de actividade empresarial, coa previsión de financiar un total de 207 axentes noutros tantos concellos

04/10/2023 | 16:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta a nova Estratexia de Seguridade e Saúde Laboral nada do consenso cos axentes sociais para un mercado laboral respectuoso, diverso e seguro

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, destacou no acto de presentación que na elaboración do documento se tivo en conta a configuración do tecido empresarial, as peticións dos sindicatos e as achegas doutras áreas da Xunta

04/10/2023 | 15:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Agustín Reguera destaca o gran traballo levado a cabo polo alumnado do obradoiro de emprego dual da Xunta en Caldas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra puxo en valor que os obradoiros de emprego duais combinan a formación teórica coas prácticas remuneradas

04/10/2023 | 14:08 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta impulsa o acceso ao mundo laboral de 170 mozos de 18 a 30 anos a través do programa Xuventude Mentoring na Empresa

Máis de 70 entidades do sector privado apoian esta iniciativa, que nesta primeira edición conta tamén coa implicación dos concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo

04/10/2023 | 13:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o papel dos obradoiros de emprego para mellorar as oportunidades laborais da mocidade e dinamizar a economía local

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou na inauguración do obradoiro de emprego Xóvenes Moraña-Valga 2

04/10/2023 | 13:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Trenor inaugura en Betanzos o obradoiro de emprego que ofrece formación e traballo a 16 menores de 30 anos desempregados

Este programa mixto de formación e emprego conta con dúas especialidades atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e atención sociosanitaria a persoas no domicilio

03/10/2023 | 17:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor clausurou o obradoiro de emprego Padrón-Rois e Dodro no que se formaron 20 desempregados en operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización e en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais

O representante do Goberno galego subliñou que os programas formativos da Xunta están orientados a cubrir as necesidades das empresas das contornas, o que permite unha posterior integración laboral máis alta