Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

01/06/2023 | 13:25 | C. de Economía e Industria

Conde pon de relevo o papel dos ‘makers’ na transformación dixital e sustentable de Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou nas xornadas da industria da Maker Faire Galicia, que celebra na Cidade da Cultura a súa novena edición

31/05/2023 | 19:38 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda salienta que o talento universitario é clave para que Galicia afronte con éxito os retos dun novo modelo económico innovador e sustentable

Garante o apoio do Goberno galego á investigación académica que, con máis de 400 M€ en axudas directas para actividades de I+D+i nas universidades públicas galegas, é a partida que máis medrou no Plan de Financiamento Universitario

31/05/2023 | 13:08 | C. de Economía e Industria

A Alianza Industrial do Hidróxeno Verde é a auténtica declaración de intencións que demostra que Galicia quere ser un referente no desenvolvemento deste vector enerxético

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, asinou esta mañá en Oleiros un acordo coa Asociación Galega do Hidróxeno para que exerza como oficina técnica

30/05/2023 | 17:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a importancia de que os talleres de vehículos aposten pola dixitalización e a formación para dar resposta aos avances no sector da automoción

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta tarde en Ourense un encontro coa Asociación provincial de talleres de reparación de vehículos

30/05/2023 | 15:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa no XI Congreso de Business Angels en Santander da Axenda Financeira de Galicia

O director do Igape, Fernando Guldrís, participa nunha mesa redonda celebrada no marco do encontro organizado pola Asociación Española de Business Angels (Aeban), onde pon en valor a importancia da Axenda na mellora competitiva do tecido produtivo de Galicia

30/05/2023 | 14:38 | C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Mañá abre o prazo para que asociacións, autónomos e pemes comerciais soliciten as axudas da Xunta para financiar proxectos que introduzan as novas tecnoloxías, a innovación e a sustentabilidade

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado polo conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, e a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, interveu hoxe en Santiago de Compostela na clausura da XXIII Asemblea Xeral da Asociación Galega da Empresa Familiar

30/05/2023 | 14:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta convida ás entidades europeas de seguridade aérea a cooperar para acelerar o desenvolvemento tecnolóxico e regulamentario das operacións con vehículos aéreos non tripulados

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, acompañou hoxe no Centro de Investigación Aeroportada de Rozas a representantes institucionais e técnicos de Eurocontrol, da Axencia Europea de Seguridade Aérea (EASA) e da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) nunha demostración de casos de uso dos simuladores U-Space

29/05/2023 | 13:29 | C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta subliña que a alianza de Castrosua e BYD permitirá posicionar Galicia para que lidere a transición enerxética no transporte público

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asistiron esta mañá, en Santiago de Compostela, á presentación do novo autobús de Castrosua e BYD