Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.977 novas da área temática Áreas temáticas:

03/07/2024 | 15:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Publicada no Diario Oficial de Galicia a gratuidade da matrícula para os estudantes de grao universitario e de ensinanzas artísticas superiores

A Xunta formaliza así o compromiso con esta medida que se aplicará desde o día 10, coincidindo coa primeira quenda de matrículas nas universidades públicas galegas

03/07/2024 | 15:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incrementa nun 7,5% as prazas de formación para o profesorado, con especial fincapé nas competencias matemática, dixital e na FP

O conselleiro destaca o papel dos docentes como “formadores das novas xeracións e encargados de preparar aos galegos para os retos do presente e do futuro”

03/07/2024 | 15:22 | C. do Mar

Villares destaca a contribución do programa Competemar como ferramenta coa que afondar na internacionalización das empresas pesqueiras galegas

O titular de Mar pon en valor o reforzo do apoio ás empresas aumentando nun 30% o investimento en dinamización de mercados ata alcanzar os 4,6 millóns de euros permitindo a presenza de Galicia en 17 feiras internacionais ao longo de todo o 2024

03/07/2024 | 15:21 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Diario Oficial de Galicia publica a incoación da Rapa das Bestas como Ben de Interese Cultural Inmaterial

A Xunta de Galicia inicia así os trámites deste proceso, o que supón a salvagarda desta manifestación cultural de valor etnolóxico senlleiro

03/07/2024 | 15:20 | Axencia de Turismo de Galicia

Mañá xoves 4 de xullo abre o prazo para que os usuarios se descarguen o bono turístico da Xunta

Poderán facelo desde as 9.00 horas a través da páxina web www.bonoturismo.gal

03/07/2024 | 15:11 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos enxalza a figura dun Castelao “sempre presente na Galicia que hoxe coñecemos”

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude participa no Parlamento na presentación da reedición de ‘Estatuto de Galiza. Antecedentes e comentarios’, obra publicada polo intelectual galego en Bos Aires en 1948 e que conta neste caso cun estudo engadido

03/07/2024 | 14:28 | A Presidencia da Xunta
03/07/2024 | 14:22 | Axencia de Turismo de Galicia

O Festival Mar Aberto volve este ano como proposta turística do verán con seis concertos en faros e lugares patrimoniais

Os de Corrubedo e Punta da Barca de Muxía xunto co Castelo de San Felipe son os espazos que acollerán esta cita musical organizada por Turismo de Galicia

03/07/2024 | 14:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta potenciará as oficinas de emprego e os orientadores para seguir avanzando na dinamización dun mercado laboral que amosa datos históricos

O titular de Emprego salientou que Galicia, coa menor cifra de desempregados desde que hai rexistros, lidera a nivel autonómico a caída do desemprego e ademais presenta a mellor cifra de afiliacións nun mes de xuño dos últimos 19 anos