Actualidade
Buscador de novas
A xerente do Sergas remarca a importancia de ofrecer unha medicina integral e avanzada que atenda ás necesidades da cidadanía
Así o sinala nunha xornada sobre innovación na xestión da saúde, e que reúne a profesionais do sector sanitario para abordar os últimos avances en saúde dixital
O Sergas deseña un novo modelo de asistencia ás persoas con diabetes mellitus tipo 2 que inclúe un plan preventivo individualizado con recomendacións de alimentación e estilos de vida saudables
Esta actualización do Proceso Asistencial Integrado servirá de guía aos profesionais e proporcionaralles ferramentas ás persoas con diabetes mellitus tipo 2, co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida
A Xunta convoca aos titulares do terreos afectados polas obras dos accesos ao novo CHUAC
Co levantamento das actas de ocupación, continúase avanzando na tramitación para a execución dos novos viarios, que afectan a 17 parcelas das cales 3 son de titularidade municipal
A Xunta publica no DOG os actos expropiatorios para a construción do novo Hospital público da Coruña
As expropiacións, que suporán un investimento de 17 M€, permitirán seguir avanzando neste proxecto declarado de interese autonómico que permitirá a execución do Novo CHUAC
Rueda destaca o clima de confianza e estabilidade que ofrece Galicia ás empresas familiares para que sigan a ser un dos principais motores da economía galega
Salienta que este tipo de compañías representan máis do 92 % do tecido empresarial
O Sergas convértese no primeiro servizo sanitario que resolve o proceso selectivo de estabilización, por concurso de méritos, na categoría de Enfermaría
Neste proceso resultaron nomeados como persoal estatutario fixo 459 enfermeiras/os aos que se lle adxudica destino definitivo no Servizo Galego de Saúde e desde a xornada de mañá poderán tomar posesión da praza
Rueda sitúa Galicia á vangarda e como referente na investigación e nos tratamentos oncolóxicos
Destaca que a Comunidade galega é pioneira en estender os programas de cribado contra o cancro e estará entre as máis avanzadas no deseño e na implantación de tratamentos de última xeración