Actualidade
Buscador de novas
A Xunta esixe ao Goberno central que transfira canto antes a Galicia os fondos para o lobo que lle corresponden
Belén do Campo insta ao Ministerio a transferir as partidas orzamentarias para previr e paliar os danos causados pola especie do ano 2022 e evitar deste xeito “seguir discutindo nos tribunais” cuestións que xa están sobradamente claras
A Xunta achega ao alumnado galego o funcionamento de Sogama con realidade virtual e xogos interactivos
Ángeles Vázquez subliña que estas novidades didácticas pretenden tanto dar a coñecer a actividade que se leva a cabo no complexo medioambiental, como concienciar aos máis novos da importancia de xestionar correctamente os residuos
A Xunta valora o traballo dos axentes ambientais no seguimento e avaliación de danos por lobo
Belén do Campo incide na importancia de valorar in situ os feitos como inicio do procedemento para a posible concesión de axudas polos prexuízos sufridos
Galicia rexistrou unha primavera meteorolóxica moi cálida e seca
Ángeles Vázquez pon en valor o radar meteorolóxico de Cuntis como unha das principais ferramentas para a realización das predicións de MeteoGalicia
A Xunta subliña en Lugo a aposta pola xestión responsable dos recursos naturais para impulsar cadeas de valor eficientes, innovadoras e colaborativas
O director do Igape, Fernando Guldrís, inaugurou a xornada do ciclo Capacita Directivos Galicia con valor engadido, onde subliñou o compromiso do Goberno galego coa “transformación dixital e sustentable” do tecido produtivo da Comunidade
A Xunta asesora ao persoal municipal dos concellos adheridos ao Pacto das alcaldías polo clima sobre as seguintes fases a desenvolver no marco desta iniciativa
Galicia conta xa con 285 concellos adheridos a esta iniciativa, dos que o 87 % xa deseñaron un Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable
Os socios do proxecto europeo GIFT, liderado por Galicia, comezan a traballar co reto de establecer medidas para avanzar na infraestrutura verde
Ángeles Vázquez subliña que, a través da cooperación interrexional, as 10 entidades implicadas buscarán nos vindeiros 4 anos solucións comúns fronte ao cambio climático ou a perda de biodiversidade desde un enfoque integrado coas súas políticas sectoriais
A Xunta salienta o papel clave dos portos na defensa da saúde de mares e océanos e para a protección da costa
Ángeles Vázquez incide en que a erradicación do lixo mariño é un dos maiores retos ambientais da sociedade actual e pon en valor iniciativas como Upcycling the oceans, na que colaboran o seu departamento e o porto coruñés, entre outros, desde hai cinco anos
A Xunta apela no Día Mundial do Medio Ambiente á responsabilidade no consumo de plástico para evitar o seu impacto sobre a contorna
Ángeles Vázquez incide en que a contaminación por plásticos e os seus efectos prexudiciais na saúde, a economía e o medio ambiente non poden ser ignorados