Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.054 novas da área temática Emprego:

10/10/2023 | 11:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta porá en marcha 10 obradoiros na área de Santiago cun investimento de 5 M€ para mellorar as oportunidades laborais de 188 persoas sen emprego

As oficinas de emprego iniciarán a selección de participantes dos sete obradoiros duais, entre os cales terán prioridade emigrantes retornados, mulleres, vítimas da violencia de xénero, parados de longa duración ou persoas con discapacidade, entre outros colectivos

09/10/2023 | 12:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta expón as vantaxes da Rede autonómica de polos de emprendemento a un grupo de estudantes de comercio internacional de Colombia

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou hoxe en Santiago de Compostela no relatorio Emprendemento e innovación no Camiño de Santiago organizado pola Universidade El Bosque de Bogotá

09/10/2023 | 10:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste en Lugo preto de 12 M€ en 273 accións formativas para traballadores desempregados

O delegado territorial, Javier Arias, explica que se prevé que participen máis de 4.000 persoas nos cursos, impartidos por entidades ou centros de formación acreditados

06/10/2023 | 15:10 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A nova oficina de emprego de Lugo comezará a funcionar nas próximas semanas no barrio da Residencia tras un investimento de 2,3 M€

Rueda destaca o esforzo da Xunta por reforzar e modernizar o Servizo Público de Emprego de Galicia, con novas instalacións, máis persoal e co uso da intelixencia artificial

06/10/2023 | 15:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aposta pola profesionalización e o fomento do benestar laboral nas entidades da economía social

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou na xornada de difusión do proxecto Tool Lab que promove a transformación da xestión das entidades que traballan coa discapacidade

06/10/2023 | 12:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste máis de 2M€ en formación para 440 persoas desempregadas do concello de Carballo

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, puxo en valor este tipo de formacións porque non serían posibles sen a estreita colaboración entre os concellos e os centros de formación coa Xunta

06/10/2023 | 11:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor en Edugal a rede de Polos de emprendemento e apoio ao emprego que leva asesorado preto de 650 proxectos

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, falou a un grupo de estudantes -no marco do XII Salón da Oferta de Educación e Formación de Galicia- desta Rede que xa ten 10 polos activos

06/10/2023 | 11:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo recolle as demandas do sector do transporte nunha xuntanza coa patronal Apetamcor

A consellería de Promoción do Emprego e igualdade, Elena Rivo, reuniuse en Baños de Molgas coa secretaria xeral da Asociación empresarial do transporte de mercancías por estrada de Galicia (Apetamcor), Myriam Otero

05/10/2023 | 17:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo destaca a importancia dunha formación especializada unida ás capacidades diferentes de cada un para desenvolver un emprego con éxito

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe en Pontevedra no Salón da Oferta de Educación e Formación de Galicia (Edugal) no Encontro en feminino: as competencias brandas no desenvolvemento cotián