Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

05/06/2023 | 14:09 | C. de Economía e Industria

O Bono Enerxía Peme mantén aberto o prazo de solicitude para a mellora enerxética dos establecementos de pequenas e medianas empresas e autónomos

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, estivo esta mañá nas instalacións de Portonovo D3D, unha das beneficiarias deste programa da Xunta de Galicia

05/06/2023 | 13:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta pola transformación industrial das pemes galegas con novos apoios que permitirán promover máis de 200 proxectos de dixitalización

O director do Igape, Fernando Guldrís, visita en Nigrán as instalacións de Gaictech, empresa dedicada á fabricación de maquinaria para o sector conserveiro e do conxelado que implementou unha xestión integral dixital do seu proceso produtivo grazas ao programa de Dixitalización Industria 4.0

04/06/2023 | 10:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amosa o potencial da economía social no Salón da alimentación de Silleda da man da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

Once entidades mostrarán os seus servizos e produtos no expositor da Economía Social instalado polo departamento autonómico no recinto feiral de Silleda

03/06/2023 | 13:02 | C. de Economía e Industria

Preto dunha trintena de prazas de abastos galegas celebran hoxe o Día do Mercado co apoio da Xunta

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou o Mercado de Elviña na Coruña con motivo desta celebración que forma parte da campaña internacional Quere o teu mercado (Love your local market)

03/06/2023 | 10:04 | C. de Economía e Industria

A Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde avanza na súa folla de ruta coa posta en marcha dos comités executivos

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, participou esta semana na reunión do Comité Executivo de Formación e Innovación

02/06/2023 | 19:04 | C. de Economía e Industria

Un total de 281 tendas da Mariña participan no Bono Activa Comercio da Xunta, que mobilizou xa preto de 375.000 euros en vendas na zona

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou diferentes establecementos de Viveiro, concello no que se poden utilizar os descontos en 86 negocios

02/06/2023 | 11:40 | C. de Economía e Industria

A Xunta acorda, no Observatorio da eólica mariña, non emitir ningún informe mentres o Goberno non estableza un marco normativo para tramitar os proxectos

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, asistiu á reunión do Observatorio da eólica mariña

01/06/2023 | 17:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia presenta as primeiras liñas do ditame europeo sobre o futuro da pesca

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participaron hoxe na reunión fóra de sede da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións (CdR) celebrada na cidade polaca de Torun

01/06/2023 | 15:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta lanza o proxecto europeo Navegando o Futuro para incentivar as vocacións tecnolóxicas e impulsar a innovación no sector naval

O obxectivo desta iniciativa é consolidar a transición tecnolóxica do naval na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

01/06/2023 | 14:56 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda resalta que a Xunta destina 14,6 M€ a axudas para impulsar o uso de enerxías renovables térmicas en empresas, administracións e entidades sen ánimo de lucro

Asegura que a previsión é “mobilizar 33,4 M€” en investimentos para instalar sistemas xeotérmicos, solares térmicos ou de biomasa