Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.977 novas da área temática Áreas temáticas:

03/07/2024 | 15:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o valor da cooperación transfronteiriza para potenciar a economía social e o emprendemento

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social participaron hoxe na presentación do proxecto Es-Factory para impulsar e consolidar empresas en novas actividades emerxentes de Galicia e do norte de Portugal

03/07/2024 | 15:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta asina cos comerciantes da Praza de Abastos nº1 de Ourense o convenio a través do cal financiará a realización do plan funcional do mercado

O documento, que estará elaborado no prazo aproximado dun mes atendendo as necesidades dos praceiros e en coordinación cos técnicos municipais, é o seguinte paso a dar para reiniciar a actividade comercial no edificio histórico 

03/07/2024 | 15:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira María Martínez Allegue visita a actuación realizada no barrio da Estación no concello da Rúa, desenvolvida ao abeiro do plan Hurbe

A intervención aborda a mellora das vías da Rúa Real, Doutor Vila, Miguel de Cervantes, Benito Fernández e o entronque coa rúa Silveira, cun investimento de preto de medio millón de euros

03/07/2024 | 15:42 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde destaca a participación activa do persoal farmacéutico no proceso asistencial de atención centrado no doente

Galicia xestiona máis de 1,2 millóns de tratamentos mediante o software de farmacia hospitalaria

03/07/2024 | 15:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta licita por preto de 2,9 M€ as obras do novo centro de saúde da Rúa

Martínez Allegue subliña a concepción construtiva e das instalacións do novo centro de Atención Primaria, que contará cunha superficie que superará os 1.300 m2 e dúas plantas, e que “situará ao municipio á vangarda da atención sanitaria”

03/07/2024 | 15:40 | C. do Medio Rural

Medio Rural completa o pago de case 12 M€ en axudas a preto de 4.600 produtores amparados polo selo Ternera Gallega

A titular da Consellería destacou a importancia destas achegas, que contribúen a paliar o sobrecusto deste tipo de producións de excelente calidade

03/07/2024 | 15:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Máis de cen axentes da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal definen a nova Estratexia de Especialización Intelixente Transfronteiriza ata 2027

Representantes do ecosistema de I+D+i de Galicia e do Norte de Portugal reuníronse esta mañá en Ponte de Lima (Portugal) para identificar as áreas prioritarias

03/07/2024 | 15:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta ofrece este verán co ‘CulturOn’ 30 tipos de actividades para atender aos intereses do público

A campaña estival do Goberno galego chega a 200 concellos con música, maxia, artes escénicas, exposicións, patrimonio ou bibliotecas, entre outras propostas

03/07/2024 | 15:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Ana Ortiz apela ao “clima de entendemento” do concello coa Xunta e pide ao alcalde que se sume ao manifesto da alta velocidade entre Vigo e Oporto

A delegada empraza por carta ao rexedor vigués a que se sume ás peticións do presidente Alfonso Rueda para solicitar prazos concretos e orzamentos na liña ferroviaria con Portugal 

03/07/2024 | 15:27 | Axencia de Turismo de Galicia

A Guarda instalará un aseo público autolimpiable e mellorará os seus recursos turísticos dixitais grazas a unha achega de 60.000 euros da Xunta

As melloras serán posibles grazas ás subvencións de Turismo de Galicia a concellos para actuacións de embelecemento do litoral galego