Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 784 novas da área temática Medio ambiente:

14/06/2023 | 13:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colabora na promoción do Museo Galego do Ferrocarril cun investimento de 30.000€

O obxectivo do acordo é o mantemento do patrimonio industrial ferroviario do museo, con sede en Monforte de Lemos, promocionar as actividades de exhibición dos seus fondos e difundir os beneficios socioeconómicos e ambientais deste medio de transporte

14/06/2023 | 13:34 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o compromiso da comunidade educativa co respecto e co coidado do medio ambiente

Ángeles Vázquez reitera o papel dos máis novos como embaixadores do medio ambiente e convidounos a continuar realizando tarefas de sensibilización ambiental

14/06/2023 | 13:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A reciclaxe de envases lixeiros e de papel-cartón en Galicia creceu un 6 % en 2022, segundo datos de Ecoembes

Ángeles Vázquez subliña o esforzo que se está a facer para que en Galicia a “conciencia ambiental” da cidadanía sexa cada vez maior para separar os seus residuos domésticos e incide na importancia da economía circular

14/06/2023 | 11:49 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca por case 11 M€ dúas liñas de axudas a entidades locais para implantar puntos limpos e avanzar na recollida e reciclaxe dos biorresiduos

A primeira das ordes, cun orzamento de 10,2 M€, cubrirá ata o 90 % do custo de proxectos destinado á implantación, ampliación ou mellora da separación en orixe da fracción orgánica así como para iniciativas de reciclaxe e compostaxe

13/06/2023 | 15:09 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta colabora na retirada de máis de 1.000 cangrexos americanos para controlar o impacto desta especie invasora sobre a biodiversidade autóctona

Ángeles Vázquez incide na importancia de levar a cabo actuacións de control para coñecer a bioloxía desta especie, a súa distribución no encoro e determinar as áreas nas que realizar os futuros descartes

13/06/2023 | 14:58 | C. do Mar

Galicia presenta os avances na loita contra o lixo mariño na conferencia final do proxecto europeo Cleanatlantic

O acto de peche da iniciativa será o vindeiro 21 de xuño na sede do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, en Vigo, onde os investigadores darán conta dos principais resultados obtidos e as ferramentas desenvolvidas nos seus sete anos de traballo

12/06/2023 | 14:48 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda destaca que as 139 bandeiras e distintivos azuis de Galicia acreditan o compromiso da comunidade coa conservación do patrimonio natural e consolídana como destino turístico sustentable

Subliña que Galicia é a terceira comunidade con máis recoñecementos e que unha de cada cinco praias españolas que conta con bandeira azul é galega
 

11/06/2023 | 15:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Preto de 1000 voluntarios recollen 5 toneladas de residuos en espazos naturais da comunidade

A sétima edición da gran recollida colaborativa de residuos 1 m2 contra a basuraleza, que organizan SEO/Birdlife e Ecoembes no marco do Proxecto Libera e na que tamén colabora a Xunta, desenvolveuse o pasado sábado en 61 puntos de recollida de Galicia