Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 858 novas da área temática Economía:

08/06/2023 | 17:05 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza hoxe na Feira Internacional Abanca Semana Verde de Silleda ata cinco catas-degustacións de produtos galegos de calidade diferenciada

Ademais, a Consellería do Medio Rural apoia a celebración de diferentes certames de gando, especialmente de razas autóctonas galegas, así como outras actividades formativas e divulgativas

08/06/2023 | 15:26 | C. de Economía e Industria

Galicia ten como reto seguir incentivando a participación de todos os axentes do ecosistema galego de I+D+i nas axudas europeas

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou nunha xornada informativa organizada xunto co CDTI, con quen avoga por unha xestión coordinada para ofrecer unha xanela única ás pemes, emprendedores e investigadores

08/06/2023 | 15:23 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Economía e Industria

O Goberno galego abre o proceso de captación de investimentos privados para a sociedade mixta que se creará ao abeiro da Lei de recursos naturais

Rueda indica que as empresas interesadas poderán presentar as súas propostas desde o vindeiro luns e ata o 30 de xuño

08/06/2023 | 15:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural; C. do Mar

Diego Calvo destaca a fortaleza da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia como evento multisectorial

O vicepresidente segundo da Xunta participou xunto co conselleiro do Medio Rural e a conselleira do Mar na apertura da 45ª edición

08/06/2023 | 10:59 | C. de Economía e Industria

Galicia comprométese a seguir avanzando na simplificación administrativa para facilitar a implantación de empresas e captar investimentos

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Santiago de Compostela no XIV Encontro da Rede Transnacional de Simplificación, destacando o papel desta entidade na promoción dun marco harmonizado a nivel de toda a UE

07/06/2023 | 11:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsará a competitividade dos parques empresariais de 33 concellos galegos cun investimento de 2,5 M€

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución definitiva destas axudas que, tras a ampliación realizada, suma catro concellos máis -Cabana de Bergantiños, Palas de Rei, Agolada e O Pereiro de Aguiar-, completa ata os 120.000 euros os apoios concedidos ás Somozas e outorga unha segunda axuda a Noia

07/06/2023 | 11:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña en Lugo a aposta pola xestión responsable dos recursos naturais para impulsar cadeas de valor eficientes, innovadoras e colaborativas

O director do Igape, Fernando Guldrís, inaugurou a xornada do ciclo Capacita Directivos Galicia con valor engadido, onde subliñou o compromiso do Goberno galego coa “transformación dixital e sustentable” do tecido produtivo da Comunidade

06/06/2023 | 15:13 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade promociona os produtos galegos nunha xornada dirixida a profesionais no País Vasco

Un total de 17 empresas con produtos certificados polo selo de garantía presentaron a súa oferta no auditorio Kursaal de San Sebastián ante máis de 70 profesionais e celebraron máis de 100 reunións comerciais

06/06/2023 | 14:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima ás pemes galegas a innovar seguindo o exemplo de empresas como Jim Sports

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou a empresa de Palas de Rei, que está inmersa nun proceso de innovación para incrementar a súa produtividade e facer fronte aos retos do mercado

06/06/2023 | 13:31 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar

Rueda salienta a fortaleza das empresas galegas da cadea mar-industria e reafirma o apoio da Xunta para manter o seu liderado

Subliña que Galicia pechou 2022 con récord de exportacións neste sector ao superar os 2.700 M€ e que este eido xa representa case o 5 % do PIB galego