Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.408 novas da área temática Infraestruturas:

30/09/2023 | 15:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto dunha nova senda peonil na estrada AC-552 desde o centro de Arteixo ao núcleo de Lañas

O contrato, adxudicado por 18.000 euros, definirá as actuacións necesarias para intervir nun treito de case 1,5 km, desde o final das beirarrúas do centro urbano ata o inicio das de Lañas

29/09/2023 | 17:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O delegado visita as obras de mellora dos aseos e instalación dunha cuberta no CPI Julia Becerra Malvar de Ribadumia

As obras foron posibles grazas a unha inversión da Xunta de preto de 90.000 euros

29/09/2023 | 14:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que as obras do tanque de tormentas de Lalín, ao 30% de execución e que rematarán no verán, se completarán coa ampliación da depuradora, sumando un investimento de 16 M€

Estanse a construír os 4 treitos principais de colectores: na marxe dereita e esquerda do río Pontiñas; para recoller as augas residuais da zona sur e levalas ao tanque de tormentas; e o colector que recollerá as augas da rede de Donramiro

29/09/2023 | 13:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O avance nos traballos de conservación e reforzo de firme na autoestrada A Coruña-Carballo farán necesarios cortes puntuais nos ramais entre o luns e o xoves da vindeira semana

Cumprindo co programa previsto, as intervencións na AG-55 centraranse nos ramais dos enlaces situados no quilométricos: 8 (Sabón), 29 (Carballo este) e 33 (Carballo norte)

28/09/2023 | 15:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
28/09/2023 | 14:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta moderniza o CEIP de Paradai e logra un aforro enerxético superior ao 30 % logo dun investimento de preto de 1 M€

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou o resultado dos traballos, que incluíron illamento da estrutura, cambios nas carpintarías e obras interiores nos dous edificios do centro

28/09/2023 | 14:51 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A oferta ferroviaria en Galicia reduciuse en Galicia cun 12 % menos de servizos que antes da pandemia e coa supresión de 21 conexións diarias e 202 semanais

O Consello da Xunta avaliou hoxe un informe sobre a situación dos servizos ferroviarios de ancho ibérico na Comunidade ante o incremento da demanda que se está a rexistrar e a repercusión que supón no transporte público por estrada

28/09/2023 | 14:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

O delegado territorial da Xunta en Ourense comproba o remate das obras de pavimentación dun camiño no núcleo de Vilamaior, en Castro Caldelas

Nas obras, a Consellería do Medio Rural investiu preto de 48.000 euros a través das axudas do Plan Infraestruturas Rurais

28/09/2023 | 13:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A recta final das obras das sendas de Montecelo e Bormoio farán necesario o corte do tráfico na AC-552, en Coristanco, desde o vindeiro luns 2 de outubro

O peche da circulación, que se prolongará ata o 10 de novembro, é necesario para acometer a ampliación dunha estrutura desta vía autonómica sobre o río Calvar, para habilitar un paso peonil seguro e segregado do tráfico nesta parte da senda de Bormoio