Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 761 novas da área temática Benestar:

03/04/2023 | 19:52 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia a posta en marcha dun programa de envellecemento activo para medio cento de persoas no centro de maiores do Pereiro de Aguiar

O Goberno duplicou a axuda, ata chegar aos 100.000 euros para financiar esta iniciativa, que permite recuperar ofrecer atención a maiores, obradoiros e actividades de ximnasia

03/04/2023 | 16:04 | C. de Política Social e Igualdade

A nova residencia de maiores pública da Xunta en Cerdedo acolle aos seus primeiros usuarios

Investíronse dous millóns de euros nestas instalacións, que teñen capacidade para aloxar a un máximo de 46 persoas

03/04/2023 | 15:18 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta ingresa o complemento autonómico das pensións non contributivas de 37.000 galegos

O Goberno galego adiantou nove meses o pago desta prestación dirixida ás persoas anciáns e enfermas con incapacidade e para aquelas con discapacidade que perciben o subsidio de garantía de ingresos mínimos

03/04/2023 | 13:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 75.000 euros ao programa municipal de envellecemento saudable ‘Lalín Activa’

O investimento total nesta iniciativa supera os 91.000 euros, dos que o Concello achegará máis de 16.000

03/04/2023 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Martina Aneiros avoga pola adopción de medidas inclusivas para paliar a discriminación do pobo xitano na inauguración da mostra Lección Xitana

A exposición, composta por 50 paneis nos que se recolle a historia deste colectivo, pode visitarse ata o 17 de abril na entrada da Delegación Territorial da Xunta en Ferrol

02/04/2023 | 10:03 | C. de Política Social e Igualdade

O Día da Xuventude chega ao Carballiño con numerosas actividades gratuítas de ocio educativo

Desde as catro da tarde e ata as nove da noite, a xente nova poderá desfrutar de obradoiros sobre cociña saudable, graffiti, protección do medio ambiente, igualdade de xénero ou empregabilidade

01/04/2023 | 20:19 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Galicia acada a cifra histórica de 70.000 persoas con dependencia atendidas, cinco veces máis que no ano 2009

Rueda sinala que a Xunta está a implantar un novo modelo de coidados para os maiores con medidas como a creación dos primeiros centros de coidados intermedios públicos de España, un deles no concello de Mos

01/04/2023 | 14:58 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e o Concello do Páramo dan o primeiro paso para construír unha residencia e un centro de día

A Administración autonómica podería asumir a redacción do proxecto deste novo equipamento, que ofertaría 41 prazas residenciais e entre 20 e 25 de centro de día

01/04/2023 | 14:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta sinala que os traballadores sociais son un piar fundamental na atención ás persoas en situación de vulnerabilidade

Lembrou que o Goberno galego procura facilitar o seu traballo mediante a ferramenta informática Matiass