Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.293 novas da área temática Sanidade:

28/11/2023 | 13:57 | C. de Sanidade; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon a punto a nova UCI do CHUAC que aumentará o número de boxes ata os 29 e todos eles individuais

Os conselleiros de Infraestruturas e de Sanidade visitaron este novo espazo que entrará en servizo en xaneiro de 2024

28/11/2023 | 13:33 | C. de Sanidade

O Sergas recolle máis de 30.000 respostas dos seus profesionais na campaña “Contorno de traballo saudable”

Desde novembro do ano 2022, o Servizo Galego de Saúde está a implementar un conxunto de medidas destinadas á mellora da calidade laboral e o benestar dos seus traballadores e traballadoras

27/11/2023 | 17:36 | C. de Sanidade

A Xunta lembra os beneficios da vacinación fronte á gripe e a covid para mulleres embarazadas

Recoméndase tamén para mulleres que deran a luz nos últimos seis meses

27/11/2023 | 14:01 | C. de Sanidade

A Xunta adquire por máis de 350.000 € un simulador endovascular que permitirá o adestramento en cirurxía e radioloxía neurovascular e optimizar a atención ao ictus en Galicia

O Goberno galego potencia a Rede de centros de simulación clínica avanzada como parte fundamental da formación do persoal sanitario galego

27/11/2023 | 09:56 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 52 persoas por 43 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 24 de novembro, ata as 23,59 horas do domingo, 26 de novembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 65 chamadas por accidentes de tráfico

26/11/2023 | 17:43 | C. de Economía e Industria

A Xunta difunde o potencial dos materiais innovadores para dar resposta aos retos de futuro da sanidade

A Materioteca de Galicia organiza un workshop en Ferrol o vindeiro 30 de novembro no que se presentarán tecnoloxías de bioimpresión 3D e nanomateriais aplicados ao diagnóstico precoz

25/11/2023 | 10:33 | C. de Sanidade

Comesaña pon en valor a carteira de servizos do programa galego de cribado neonatal

O cribado neonatal de Atrofia Medular Espiñal posto en marcha este ano pola Xunta xa detectou dous casos

24/11/2023 | 20:03 | C. de Sanidade

Comesaña destaca o labor fundamental das fundacións de investigación na conexión entre a atención sanitaria e o ecosistema I+D+i

O conselleiro de Sanidade pon en valor a excelencia na innovación e na investigación científica e médica, na entrega dos premios Rafael Hervada 2023, celebrada na Coruña

24/11/2023 | 17:36 | C. de Sanidade

Sanidade lembra as campañas de vacinación que mantén activas e os lugares onde acudir a vacinarse

Durante esta fin de semana os hospitais da Coruña, Vigo, Santiago, Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, continúan coa convocatoria de vacinación da gripe para os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 59 meses

24/11/2023 | 13:49 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

Rueda destaca que a Xunta consolida o compromiso coa atención primaria en Vigo coa apertura en 2024 do Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia

Salienta que será un inmoble “moderno e adaptado as necesidades” da medicina de hoxe e a dos vindeiros anos