Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.408 novas da área temática Infraestruturas:

04/10/2023 | 16:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta confirma o novo retraso ata o 1º trimestre de 2024 dos trens Avril e solicítalle ao Ministerio de Transportes que concrete canto antes o número de convois que destinará

Confírmase que a dotación dos trens Avril se atrasa ata o 1º trimestre de 2024, cando estaban comprometidos xa para 2022 e a última data ofrecida pola ministra de Transportes era neste outono

04/10/2023 | 13:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras da varanda do paso de ferrocarril na OU-622, no Barco de Valdeorras, que completan a mellora da seguridade viaria e da accesibilidade na avenida do Bierzo

As actuacións consistiron na colocación dun pasamáns e novos pilares, así como na instalación dunha nova varanda similar á que había en varios puntos

04/10/2023 | 13:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Comezan hoxe as obras de construción do novo edificio xudicial da Estrada, nas que a Xunta inviste case 2,8 M€

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou a parcela A Baiuca onde se reunificarán nun só inmoble cunha superficie de máis de 1.400 metros cadrados os dous xulgados da localidade

04/10/2023 | 13:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
04/10/2023 | 11:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O avance nas obras de conexión da autovía TUI-A Guarda coa A-55 fará necesario un corte de tráfico en ramais do enlace desde mañá xoves

Co obxectivo de continuar avanzando na execución da obra, procederase ao corte total dos ramais de entrada e saída da calzada dereita da A-55, entre os quilómetros 30+100 e 30+600

03/10/2023 | 18:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O avance nas obras de conexión da autovía Tui-A Guarda coa A-55 fará necesario un corte de tráfico en ramais do enlace desde este xoves

Co obxectivo de continuar avanzando na execución da obra, procederase ao corte total dos ramais de entrada e saída da calzada dereita da A-55, entre os quilómetros 30+100 e 30+600

03/10/2023 | 14:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública a modificación do Catálogo da Rede autonómica de estradas que incorpora a AC-12 para facilitar os accesos ao novo hospital público da Coruña

Trátase do treito da vía estatal na intersección da avenida de Oza coa vía de servizo ata pasado o enlace na Ponte Pasaxe, cuxa titularidade asumiu a Xunta para executar os accesos ao novo CHUAC, que suporán un investimento de 24,2 M€

02/10/2023 | 14:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca en outubro e xaneiro os titulares dos terreos necesarios para executar a senda entre O Milladoiro e a Estación Intermodal de Santiago

O DOG publica hoxe o anuncio, fixando o levantamento de actas previas á ocupación entre os días 23 e 30 de outubro e a formalización das actas entre o 15 e o 19 de xaneiro

01/10/2023 | 12:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A recta final das obras das sendas de Montecelo e Bormoio farán necesario o corte do tráfico na AC-552, en Coristanco, a partir de mañá

O peche da circulación, que se prolongará ata o 10 de novembro, é necesario para acometer a ampliación dunha estrutura desta vía autonómica sobre o río Calvar, para habilitar un paso peonil seguro e segregado do tráfico nesta parte da senda de Bormoio

01/10/2023 | 11:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas