Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.054 novas da área temática Emprego:

23/10/2023 | 13:23 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda anuncia unha cota cero para todos os autónomos que inicien a súa actividade en 2024

A Xunta investirá nesta medida pioneira 9,6 M€ que beneficiarán a unhas 10.000 persoas
 

23/10/2023 | 10:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre mañá o prazo para solicitar as axudas dos programas Galicia Exporta Empresas e Organismos Intermedios

Son un total de 3 M€ destinados a pemes e autónomos galegos para incentivar a realización de accións de promoción exterior que xeren vantaxes competitivas na proxección e o posicionamento de empresas e organismos galegos nos mercados internacionais

21/10/2023 | 19:40 | C. do Mar; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta enxalza a profesionalización e o papel trascendental das redeiras no sector pesqueiro e a súa contribución no conxunto da cadea mar industria

Alfonso Villares felicitou ao colectivo por lograr unha reivindicación histórica na mellora das condicións de xubilación na que contaron co apoio do Executivo galego

20/10/2023 | 16:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inviste preto de 425.000 euros na formación de 14 mozos e mozas no obradoiro Inicia VII, inaugurado hoxe en Fene

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, deu a benvida aos alumnos que desenvolverán a súa formación na modalidade de fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial
 

20/10/2023 | 15:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta sinala en Ourense a importancia de impulsar en Galicia un emprendemento baseado na innovación e a sustentabilidade para xerar emprego de calidade

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe na clausura dun laboratorio de iniciativas sostibles da Confederación Empresarial de Ourense (CEO)

20/10/2023 | 11:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
20/10/2023 | 11:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Un cento de alumnos participan nun curso sobre responsabilidade social empresarial da Xunta e a Universidade de Vigo

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, asistiu hoxe na Facultade de Comercio de Vigo á apertura dunha das sesións desta iniciativa que afonda na elaboración do Informe de Sustentabilidade Empresarial

18/10/2023 | 19:13 | C. do Medio Rural

A Xunta define a estabilidade dos prezos do leite como esencial para garantir a sustentabilidade do sector e garantir a remuda xeracional no agro galego

José González apelou á responsabilidade da industria e trasladou unha mensaxe clave aos principais compradores de leite galego: “A continua baixada nos prezos empurraría aos produtores a unha situación de perdas inasumible”

18/10/2023 | 18:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta aposta por impulsar a participación social da xente moza a través de programas como Iniciativa Xove e do voluntariado

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou hoxe nun foro sobre emprendemento social para mozos