Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 561 novas da área temática Deporte:

24/01/2023 | 18:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Xunta e Clúster Galego da Industria do Deporte e o Benestar seguen a traballar na procura dunha sociedade máis activa

O Goberno galego e o Clúster xa traballan nun plan de gran relevancia social baseado na comunicación e na dixitalización para aumentar de xeito sensible o número de practicantes habituais de actividade física en Galicia

23/01/2023 | 19:30 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Rueda felicita ao RC Celta de Vigo por ser un símbolo da Comunidade dentro e fóra das súas fronteiras e por facer historia do fútbol, de Vigo e de Galicia

O presidente da Xunta interveu na inauguración da mostra ‘100 anos de Celta. Gol e arte’ exposta no Museo Mar de Vigo no marco dos actos do centenario do club

21/01/2023 | 20:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Gran Camiño 2023 volve facer rodar aos mellores ciclistas do mundo polas estradas das catro provincias galegas

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron na presentación da proba ciclista profesional do calendario UCI Europa que terá lugar do 23 ao 26 de febreiro

21/01/2023 | 10:00 | C. de Política Social e Igualdade

O programa de ocio educativo ‘Día da xuventude’ da Xunta celebra a súa terceira xornada en Vimianzo mañá

A xornada contará con xogos como tiro con arco, fútbol burbulla ou futbolín humano e con obradoiros de empregabilidade, de igualdade de xénero, de sensibilización medioambiental, de gastronomía saudable e de lecer educativo entre outros

20/01/2023 | 15:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Medio milleiro de atletas apoiarán a Gustavo Dacal o domingo no CGTD onde bateu o récord de España e forxou o seu carácter loitador

A recadación da inscrición irá destinada a recadar fondos para costear o tratamento contra a enfermidade que mantén ao de Ponte Caldelas ingresado en México

20/01/2023 | 13:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo destaca a oportunidade que supón para o turismo deportivo a celebración por primeira vez en Galicia do Mundial J-80 de vela

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, participou xunto coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na presentación en Fitur desta competición internacional

20/01/2023 | 12:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A 3ª Liga Territorial de Saltos Xogade 2023 amosa o crecemento da hípica galega que duplica as súas licencias dende 2009 e conta cun 73% de mulleres

O club hípico Cemar de Mondariz Balneario, a Escola de Equitación La Muralla en Redondela, o C.H. Equigalia en Tui, o Club Hípico JC de Mos, o Club Centro Ecuestre Atlántico en Santana (Pontecaldelas) e o C.H. Alazán en San Cosme (Vigo) serán os escenarios da Liga

18/01/2023 | 16:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte
13/01/2023 | 13:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os clubs deportivos poderán solicitar desde mañá as axudas para actividade ás que a Xunta destina este ano de novo 2 millóns de euros

Coa publicación desta nova convocatoria, desde 2009, as entidades e clubs deportivos de Galicia terán recibido a través desta liña un total de preto de 31 millóns de euros