Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 561 novas da área temática Deporte:

04/02/2023 | 10:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Os 1.300 clubs e as 59 federacións deportivas de Galicia recibiron desde 2020 preto de 62 M€ da Xunta para a súa actividade

Neste 2023 o Goberno galego conta cun orzamento de máis de 44 M€, un 36 % superior ao de 2022 e a maior contía da historia do deporte galego

03/02/2023 | 12:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta dota de material deportivo a 357 entidades da provincia de Pontevedra cunha achega de case 2M€

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, entregou hoxe o equipamento concedido a unha trintena de clubs, sociedades anónimas e seccións deportivas da cidade pontevedresa na segunda convocatoria da liña de axudas para esta finalidade, que supuxo un investimento de 162.500 euros

02/02/2023 | 15:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a mellora das instalacións deportivas de Trazo cunha achega de 40.000 € para unha pista de pádel cuberta

A directora xeral de Administración Local visitou hoxe o espazo creado ao abeiro da Orde de infraestruturas municipais

01/02/2023 | 16:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

1.245 cativos de Educación Primaria participan en Portas na fase final provincial de Campo a través do programa Xogade da Xunta

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Portas, Ricardo Martínez, asistiron ás cinco probas finais na contorna da Azucreira e presidiron o acto de entrega de medallas desta actividade organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte

01/02/2023 | 13:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo felicita os representantes da patinaxe galega polas 16 medallas acadadas o ano pasado en competicións internacionais

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu aos medallistas e destacou o auxe de Galicia nas distintas modalidades deste deporte e o elevado nivel acadado

01/02/2023 | 11:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza o equipamento deportivo de máis de 800 entidades galegas cun investimento récord de 4,6 M€ en 2022

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, fixo hoxe entrega do material concedido a algúns dos 57 clubs, sociedades anónimas, seccións deportivas da área de Santiago, que recibiron da Xunta máis de 270.000 euros
 

28/01/2023 | 20:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete destaca a “afección, calidade, base e colaboración” como baluartes do Guardés na inauguración do novo pavillón da Sangriña

O convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello da Guarda contou cun orzamento de 1,87 millóns de euros dos que o Goberno galego achegou medio millón
 

26/01/2023 | 15:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O arranque de ‘O Gran Camiño’ será no adarve da Muralla coa presentación dos equipos participantes

O delegado territorial, Javier Arias, xunto ao organizador do evento, Ezequiel Mosquera, explicou hoxe que a saída desta nova edición da volta ciclista a Galicia farase neutralizada, por equipos e coas medidas necesarias para a protección do monumento

26/01/2023 | 11:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A plataforma DAFIS segue a ser exemplo na comunidade internacional grazas ao traballo do deporte galego co doutor Francisco B. Ortega

O catedrático da Universidade de Granada é principal experto do proxecto FIitBack Europe que aglutina a maior base de datos de Europa sobre a condición física en adolescentes