Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.293 novas da área temática Sanidade:

05/12/2023 | 17:56 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que máis de 200 persoas con ELA recibiron as axudas de ata 12.000 € durante o seu primeiro ano de implantación

O Goberno galego puxo á disposición de todas as persoas diagnosticadas con esta enfermidade axudas directas e inmediatas para a compra de produtos de primeira necesidade para o coidado ou reformas para a adaptación de vivendas

05/12/2023 | 17:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez urxe ao Concello de Santiago a presentar a súa alternativa para a integración urbana e a dotación de aparcadoiro no hospital clínico

Vázquez Mourelle fai fincapé na necesidade de que o Concello se impllque na integración urbana do hospital clínico na cidade, xa que ten as competencias en materia de urbanismo e mobilidade

05/12/2023 | 13:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 22 M€ as obras dos accesos do novo Hospital Público da Coruña

Con este contrato, de proxecto e execución da obra, dotarase ao Novo CHUAC duns accesos máis funcionais, sinxelos e integrados que faciliten a entrada aos distintos servizos e ao aparcadoiro así como o funcionamento do complexo durante as obras

04/12/2023 | 15:03 | C. de Sanidade

A Xunta constata un descenso das hospitalizacións por VRS en bebés despois de iniciar a campaña de inmunización

A Dirección Xeral de Saúde Pública elabora o informe de seguimento do virus respiratorio sincitial despois da decisión pioneira de incluír esta inmunización no calendario galego

04/12/2023 | 12:59 | C. de Sanidade

Miguel Ángel Caínzos, Darío Durán, Luisa Pérez e Luciano Vidán, nomeados persoal emérito do Sergas

Con este nomeamento, recoñécese o prestixio e a importancia de profesionais sanitarios xubilados, así como facilítase a existencia dunha relación activa coa institución sanitaria de adscrición

04/12/2023 | 10:13 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 80 persoas por 57 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 1 de decembro, ata as 23,59 horas do domingo, 3 de decembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 75 chamadas por accidentes de tráfico

02/12/2023 | 16:11 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade sinala o Programa galego de cribado neonatal como un dos máis completos de España no marco da XI xornada sobre fibrose quística

A Asociación Galega de Fibrose Quística leva a cabo un programa de fisioterapia respiratoria a domicilio para pacientes, que conta co apoio do Sergas

02/12/2023 | 13:26 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica por 370.000 € a unidade móbil de radioloxía que dará servizo aos centros de saúde semiurbanos e rurais

Comezará a utilizarse de forma piloto na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza

02/12/2023 | 13:20 | C. de Sanidade

A Xunta completa a instalación de tecnoloxía sanitaria por 13 M€ na área de Vigo

O conselleiro de Sanidade visitou esta semana a nova resonancia magnética do hospital do Meixoeiro, cuxa instalación supuxo executar unha obra de 400.000 euros