Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 600 novas da área temática Pesca:

17/04/2023 | 14:48 | C. do Mar

O mar de Galicia saca músculo en Gourmets para impulsar o consumo de peixes e mariscos e poñer en valor o traballo do sector marítimo-pesqueiro

A Consellería do Mar está presente nesta feira cun posto que acolle a 23 empresas coexpositoras da cadea mar-industria e no que se desenvolverán varias degustacións no marco da campaña GALICIA SABE AMAR

12/04/2023 | 17:03 | C. do Mar

Galicia rexeita a iniciativa cidadá para vetar a venda de aletas de tiburón na Unión Europea posto que o seu obxectivo xa se cumpre coa norma de aletas adheridas

A comunidade apela ás autoridades comunitarias para frear unha medida carente de sentido que poría en risco o futuro da frota de palangre europea e beneficiaría aos buques de terceiros países con prácticas menos responsables

12/04/2023 | 10:38 | C. do Medio Rural; C. do Mar

A Xunta promocionará os produtos de calidade do agro e do mar na XXXVI edición da Feira Gourmets de Madrid

O conselleiro do Medio Rural e a conselleira do Mar participarán o próximo luns 17 de abril na inauguración do evento, onde 29 empresas do agro e 23 do mar da comunidade compartirán espazo de exposición co Goberno galego

06/04/2023 | 10:08 | C. do Mar

Galicia avanza na creación da Axenda da Economía Azul coa identificación de retos e propostas xunto aos profesionais de once sectores de produción

Creáronse grupos de traballo con empresas, administracións, universidades, fundacións e organizacións relacionadas con once sectores que abordaron os eidos social, económico e ambiental

05/04/2023 | 16:47 | C. do Mar

Arredor de 700 profesionais do marisqueo da ría de Arousa poderán beneficiarse das axudas pola parada biolóxica nos bancos dos Lombos, Bohído e Cabío

O Diario Oficial de Galicia publicará en próximos días a convocatoria destas achegas ás que a Xunta destina 4 M€ e que están dirixidas a persoas armadoras e tripulantes das embarcacións afectadas pola veda temporal nestas zonas

04/04/2023 | 18:12 | C. do Mar

A Xunta aposta polo deseño dun plan de xestión da mexilla para optimizar tanto a extracción como o seu aproveitamento

O Executivo galego considera necesario adecuar os tempos de recollida do recurso ao seu estado e localización para acadar o máximo rendemento posible