Actualidade
Buscador de novas
A Xunta subliña que a Lei do litoral garante o acceso a servizos básicos e esenciais nos núcleos costeiros fronte á interpretación restritiva estatal
Ángeles Vázquez incide en que a nova regulación autonómica declara uso de carácter estratéxico as dotacións públicas de abastecemento e saneamento de augas xa que resultan indispensables para garantir a calidade de vida das poboacións costeiras
A Xunta e o Concello de Leiro colaborarán nas obras de acondicionamento da praza Eladio Rodríguez
Os traballos, cun importe total previsto de máis de 122.000 euros, consistirán na renovación de mobiliario e xardíns co obxectivo de crear un novo espazo de alameda
A Xunta segue a avanzar no desenvolvemento do PRUX do Parque Natural Fragas do Eume coa mellora da ponte colgante Cal Grande
As actuacións, que consistirán na renovación do sistema de sustentación desta infraestrutura, contan cun orzamento superior aos 100.000 euros e executaranse previsiblemente a partir do próximo mes de agosto
A Xunta felicita ás 7 entidades locais gañadoras de “Únete ao reto” polo esforzo da súa veciñanza para incrementar a reciclaxe de plásticos, latas e briks
Nesta cuarta edición, os concellos de Melide, Arzúa, Mos, Salvaterra de Miño, Silleda e Nigrán e a Mancomunidade da Limia foron premiados, en total, con 9.000 €, que deberán destinar a unha causa social da súa elección
A Xunta cede ao concello de Lugo os espazos públicos da terceira fase do Polígono das Gándaras, que xa ten case o 65% das parcelas vendidas ou reservadas
A semana pasada Xestur adxudicou neste mesmo ámbito 4 parcelas a 3 empresas por un importe total de 234.900 €, descontada xa a bonificación do 50%
A Xunta publica unha Guía de boas prácticas para axudar a integrar os sistemas de conterización de residuos domésticos nas contornas
Ángeles Vázquez salienta a importancia de combinar a prestación de servizos esenciais, como a recollida do lixo, coa preservación e o coidado do entorno a través da aplicación de solucións discretas, adaptadas e que minimicen o impacto visual
A Xunta subliña o papel da actividade cinexética no mantemento do equilibrio natural
Ángeles Vázquez enmarca a colaboración entre o Goberno autonómico e a Federación galega de caza no obxectivo común de fomentar esta práctica deportiva e formar e sensibilizar aos cazadores na protección da fauna e o seu aproveitamento sustentable
A Xunta dixitaliza o Atlas da Paisaxe dos Camiños Xacobeos para poñelo á disposición de toda a cidadanía
A versión en liña do libro recolle 83 ortofotos históricas e actuais que amosan a evolución da paisaxe pola que discorren as distintas rutas ao longo dos últimos 50 anos
Galicia rexistrou un mes de xuño moi cálido e moi húmido
O avance do último informe climatolóxico mensual elaborado por Meteogalicia sinala que a anomalía media das temperaturas foi de 2,1 graos