Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 988 novas da área temática Educación:

23/10/2023 | 12:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inviste un 43 % máis en educación no rural de Lugo debido á dispersión poboacional, o que blinda a equidade nos resultados académicos do alumnado

Román Rodríguez sinala que os datos analizados avalan que Galicia “funciona como un distrito educativo único, é Lugo é un exemplo paradigmático disto”

21/10/2023 | 14:30 | A Presidencia da Xunta; Secretaría Xeral de Emigración

Rueda destaca o enorme talento e “valentía” dos galegos do exterior que veñen a Galicia estudar un máster grazas ás becas BEME

Salienta que a finalidade desta iniciativa é complementar a excelente formación que xa teñen e que aposten por desenvolver a súa carreira profesional e o seu proxecto vital na comunidade

21/10/2023 | 12:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez subliña que a Consellería terá en 2024 o orzamento máis alto da historia por cuarto ano consecutivo

O representante autonómico destaca na inauguración da xornada de formación para o profesorado sobre lingua e literatura que o seu departamento contará con case 3.000M€, un 2,8% máis que no pasado exercicio

21/10/2023 | 11:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez saúda aos alumnos do ciclo de automoción especializado en vehículos de competición, que participan no 45 Rally San Froilán

O conselleiro de Educación sinala que esta cita é unha “moi boa oportunidade” para que estudantes tomen contacto co sector da competición automobilística

20/10/2023 | 15:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta duplica a súa aposta pola Formación Profesional cun investimento de case 30 M€ nos Orzamentos 2024

Román Rodríguez subliña que o seu departamento destina “máis do dobre que en 2022” ao impulso destas ensinanzas de alta cualificación e cada vez máis demandadas

20/10/2023 | 13:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a revitalización da escola infantil pública de Crecente conseguida en colaboración co Concello

A escola, pertencente á rede pública autonómica, reabriu as súas portas no curso 2016-2017 con 9 nenos e na actualidade conta con 15

20/10/2023 | 11:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Un cento de alumnos participan nun curso sobre responsabilidade social empresarial da Xunta e a Universidade de Vigo

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, asistiu hoxe na Facultade de Comercio de Vigo á apertura dunha das sesións desta iniciativa que afonda na elaboración do Informe de Sustentabilidade Empresarial

19/10/2023 | 14:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia que a achega da Xunta ás tres universidades públicas superará por primeira vez os 500 millóns de euros nos orzamentos 2024

O conselleiro de Educación subliña a aposta do seu departamento polo impulso do ensino universitario cunha suba do 5 % do orzamento

18/10/2023 | 17:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Máis de 80 alumnos de 10 centros ven premiadas as súas ideas de negocio no concurso ‘Atrévete a ter unha idea’

Enmarcado no Plan Eduemprende, o programa inclúe visitas a asociacións de empresarios e centros de FP da contorna

18/10/2023 | 13:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Mil coordinadores de benestar e convivencia fórmanse nun congreso organizado pola Xunta

O conselleiro de Educación destaca o reforzo desta figura este curso, no marco da aposta do Goberno galego polo benestar emocional nas aulas