Actualidade
Buscador de novas
A Xunta conmemora os valores do cooperativismo nun acto en Narón no que destacou a súa contribución a unha economía galega sustentable e igualitaria
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presidiron o Día galego do cooperativismo celebrado en Agroflor (Narón)
Lorenzana pon en valor a resiliencia e capacidade de adaptación de empresas como Thune Eureka
A conselleira compromete o traballo da Xunta por propiciar ás pemes galegas un contorno de mellora continua no marco da economía verde e dixital
Lorenzana pon ao grupo Darlim como exemplo de empresa comprometida coas persoas e co territorio
Pon en valor a súa capacidade de adaptación ás demandas do mercado a través da innovación e a diversificación
A Xunta avanza na renovación do seu parque móbil coa substitución de 84 vehículos de máis de 10 anos ou cunha quilometraxe elevada
Vanse adquirir pola modalidade de compra directa por 3,8 M€, dos que 420.000 euros proceden de axudas dos fondos europeos para o Plan Moves III
O proxecto Milkchain, promovido por Leche Río co apoio da Xunta, establece a trazabilidade do produto desde a orixe ata o consumidor
Na iniciativa participan tamén as compañías Proymaes (O Porriño), Innogando (Abadín), Himikode (Lugo) e PS Vet (Boqueixón)
A campaña ‘Días Azuis’ da Xunta e a Federación Galega de Comercio rexistrou máis de 120.000 compras en 150 localidades galegas
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, acompañado do delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, asistiu ao sorteo de premios para os clientes participantes
A Xunta destaca en Ferrol o esforzo de pemes e profesionais para maximizar o impacto positivo do deseño marca Galicia
A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou no VI Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial, no que interviron empresas referentes na aplicación do deseño para impulsar a competitividade económica, a innovación inclusiva, o emprendemento social e o desenvolvemento sustentable
A Xunta pon en valor a importancia do papel dos medios de comunicación para crear a imaxe da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
O vicepresidente primeiro da Xunta participou hoxe nun encontro previo ao “1º Seminario de directores e editores de medios de comunicación social da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal” que mañá acollerá en Matosinhos a medio cento de representantes de medios de ambos lados da “raia”
Lorenzana destaca a aposta da Xunta por ofrecer a máxima axilidade administrativa para captar novos investimentos empresariais
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, sinalou hoxe nun coloquio organizado por APD en Vigo que a Administración autonómica vai seguir traballando para eliminar trabas burocráticas e achegar un clima favorable en termos de fiscalidade, enerxía e tamén no plano laboral