Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 561 novas da área temática Deporte:

17/02/2023 | 15:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta de Galicia abordará coa Federación Galega de Deporte adaptado a posibilidade de incluír aos deportistas invidentes

O secretario xeral para o Deporte recibiu esta mañá a Marcos Mosteiro Rodríguez que vén de acadar o Campionato de España a cegas en Ciudad Real

16/02/2023 | 19:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte
15/02/2023 | 14:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca o acordo da Xunta e o Ifevi para a posta en marcha do módulo de atletismo tras un investimento de 8,8 M€ no novo pavillón 5

A delegada territorial da Xunta participou este mércores no comité executivo do Padroado do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi)

15/02/2023 | 12:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta dota de material deportivo a 41 entidades da área de Ferrol cunha achega de 228.400 €

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, entregou hoxe o equipamento concedido aos 16 clubs, sociedades anónimas e seccións deportivas da cidade de Ferrol na segunda convocatoria da liña de axudas para esta finalidade, que supuxo un investimento de máis de 93.600 euros

14/02/2023 | 13:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata as obras do pavillón deportivo de Monte Alto ás que destinou máis de 445.500 €

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, anunciou tamén que están en proceso de licitación as melloras pendentes nos pavillóns Monte das Moas, Elviña II e Agra II

13/02/2023 | 12:59 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 160.000 € a Enki, da Fundación Abrente, para axudarlles na posta en marcha de actividades de deporte adaptado

Esta achega permítelles adquirir equipamento para os adestramentos e para a organiza-ción das súas tradicionais carreiras, que cada ano atraen a máis xente

11/02/2023 | 14:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Diego Calvo pon en valor as actividades do programa Xogade para inculcar a práctica da actividade física aos rapaces e rapazas en idade escolar

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, acompañou hoxe en Sada aos case 500 participantes na fase provincial da Coruña da actividade de Campo a Través do programa Xogade

10/02/2023 | 22:02 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Rueda aposta por construír unha Galicia activa e saudable co orzamento en Deportes máis alto da historia

O presidente da Xunta participou na presentación oficial dos equipos Élite e Sub-23, Júnior e categorías inferiores para a tempada 2023 do Club Ciclista Padronés Cortizo