Actualidade
Buscador de novas
Lara Meneses agradece o labor de divulgación e difusión por honrar e manter vivo o legado do dramaturgo Ramón María del Valle-Inclán
A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, participa na presentación da a terceira edición do Festival de Teatro Valle-Inclán que “xa se está a consolidar dentro do panorama cultural galego”
A Xunta sacará a nova licitación a concesión do transporte regular que cobre a Comarca do Barbanza
Anuncioullo o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, aos alcaldes de Boiro, A Pobra do Caramiñal e Rianxo nunha xuntanza celebrada hoxe
Rueda destaca o labor dos gandeiros e os consellos reguladores á hora de situar Galicia como un referente na produción de carne de excelencia
Sinala que os selos Ternera Gallega e Vaca Galega-Boi Galego son sinónimos de calidade e de valor engadido
O Sergas e as tres universidades galegas prorrogan os seus concertos na procura de optimizar a formación dos profesionais sanitarios galegos
O Executivo galego destinará un orzamento global de 5.289.479 euros para posibilitar o emprego das institucións sanitarias con finalidades docentes, asistenciais e de investigación
Xosé Merelles anuncia que mañá venres se adxudicará a segunda e terceira fase do proxecto de rehabilitación do Parque do Pasatempo
O director de Turismo de Galicia anunciouno no marco da presentación do Festival do Pasatempo, unha iniciativa que conta co apoio da Xunta de Galicia
A Xunta completa os traballos de mellora e limpeza nun tramo de 1 km do Verdugo, unha das últimas actuacións executadas no marco do Proxecto Mil Ríos
Cun investimento executado de preto de 60.000 €, os labores comezaron o ano pasado e centráronse en eliminar especies invasoras e alóctonas da ribeira nun treito fluvial que discorre entre a ponte colgante e a ponte medieval de Comboa
Alfonso Villares destaca o compromiso da Xunta na defensa do sector pesqueiro galego ante as institucións comunitarias
O conselleiro do Mar, que acompañou a representantes do sector en Luxemburgo, criticou que a decisión de vetar a pesca de fondo en 87 zonas do Atlántico nororiental tomada pola Comisión carece de base técnica e científica
A Xunta promove a participación cidadá no proceso da candidatura Ribeira Sacra a patrimonio mundial
Convócanse para os próximos meses varias xuntanzas polo territorio para informar e recoller as suxestións e inquedanzas da veciñanza