Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.293 novas da área temática Sanidade:

11/12/2023 | 10:10 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta convoca o concerto social para contratar 154 prazas de atención especializada a persoas con dano cerebral adquirido

A convocatoria inclúe o servizo de transporte e conta cun orzamento de 15,1 millóns de euros para o período 2024-2028

11/12/2023 | 09:51 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 96 persoas por 71 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do xoves, 7 de decembro ata as 23,59 horas do domingo, 10 de decembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 85 chamadas por accidentes de tráfico

08/12/2023 | 11:17 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde crea unha sección de igualdade no seu departamento de Recursos Humanos

Trala oportuna negociación coas organizacións sindicais e a Comisión de persoal, o Servizo Galego de Saúde crea un novo posto estrutural que reforzará á execución e seguimento do Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes 2021-2024

07/12/2023 | 13:23 | C. de Sanidade

Sanidade fai un chamamento á cidadanía para que se vacine da gripe e da Covid antes de que remate o ano

O día 9 deste mes remata a vacinación da gripe e da covid nos grandes recintos, continuando a inmunización nos hospitais e centros de saúde

07/12/2023 | 13:12 | C. de Sanidade

Galicia pide á ministra de Sanidade un pleno específico para abordar o problema da falta de especialistas en medicina familiar e pediatría en atención primaria

García Comesaña solicitoulle á responsable da carteira sanitaria do Goberno central a convocatoria urxente dun Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde no que se analice de xeito monográfico o déficit de facultativos nestas especialidades

07/12/2023 | 12:09 | C. de Sanidade

O DOG publica a oferta de emprego público do Servizo Galego de Saúde con máis de 1.200 prazas

A OPE do Sergas de 2023 contempla 168 prazas de persoal licenciado sanitario, 958 de diplomado sanitario e de formación profesional e 81 de xestión e servizos

07/12/2023 | 11:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega un desfibrilador automático ao equipo de protección civil do concello de Pontedeume

A delegada territorial proporcionou aos representantes locais este material co que se reforzan os servizos de emerxencias municipais desta localidade

05/12/2023 | 19:53 | C. de Sanidade

A Xunta solicita por carta á nova ministra de sanidade a adopción de medidas para abordar o problema nacional do déficit de médicos de familia

O conselleiro de Sanidade agradece que Mónica García asumira na súa primeira semana no cargo a responsabilidade do Ministerio en “volver ter profesionais sanitarios”

05/12/2023 | 19:45 | C. de Sanidade

O concurso de méritos convocado pola Xunta permitirá cubrir de xeito estable 7 prazas na atención primaria da Mariña nas vindeiras semanas

Trátase de prazas de medicina de familia en Viveiro, Burela e O Vicedo e de pediatría en Viveiro, Cervo e Mondoñedo

05/12/2023 | 18:00 | C. de Sanidade

A Xunta completará en xaneiro a posta en marcha de todos os servizos do centro integral de saúde de Lugo

O conselleiro de Sanidade avanza no Parlamento a mudanza das consultas de atención primaria na semana do 18 de decembro e o traslado de fisioterapia, odontoloxía e saúde mental en xaneiro