Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 520 novas da área temática Igualdade:

12/01/2023 | 13:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta axuda aos concellos de Ourense a financiar os seus servizos sociais cunha achega de 2,7 millóns de euros

Estes fondos canalízanse a través do Plan Concertado e destínanse á contratación de persoal, ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) Básico e ao desenvolvemento de programas de inclusión

11/01/2023 | 16:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta concede 62.000 euros ao Concello de Outes para a creación dunha escola infantil municipal de 30 prazas

Esta axuda permitirá ampliar en 10 prazas o actual Punto de Atención á Infancia de Outes e transformalo así nunha escola infantil

10/01/2023 | 11:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta seguirá a indemnizar con 7.000 euros ás orfas e orfos das vítimas mortais por violencia de xénero e ás mulleres gravemente feridas nas agresións

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha nova convocatoria das axudas económicas para este colectivo ás que se destinarán 70.000 euros que serán ampliables, de ser necesario chegar a máis persoas beneficiarias

09/01/2023 | 11:32 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Preto de 90 profesionais participan nas xornadas e sesións de formacións para impulsar as mesas locais de coordinación contra a violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, avaliou co equipo técnico coordinador a iniciativa da Xunta dirixida ao persoal técnico e político das áreas de igualdade dos concellos galegos

08/01/2023 | 10:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O Proxecto Fénix de atención a menores con medidas xudiciais por violencia de xénero para a súa reeducación ampliarase a Ferrol e Santiago este ano

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse en Santiago de Compostela con representantes da Asociación Alar para facer balance do programa, que coordina esta entidade co apoio da Xunta

07/01/2023 | 13:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia o servizo Dedaleira da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia especializado en asesoramento afectivo-sexual

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, vén de asinar o convenio de colaboración con Acadar para financiar esta iniciativa co obxectivo de previr a violencia sexual entre este colectivo

05/01/2023 | 13:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta colabora con Adicam para apoiar a enfermas de cancro vítimas da violencia de xénero no eido laboral, xurídico, psicolóxico e social

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade asinou un novo convenio coa Asociación de diagnosticad@s de cancro de mama e xinecolóxico (Adicam) para que estas mulleres se apoderen e reciban asesoramento especializado

05/01/2023 | 12:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia ás mulleres rurais na loita contra a violencia de xénero e na promoción da igualdade co financiamento de plans de formación e sensibilización

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade vén de renovar os convenios de colaboración que mantén coas federacións Fademur, Femuro e Femupo

03/01/2023 | 18:21 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta inaugura na Estrada o programa de ocio educativo ‘Día da Xuventude’, que recalará en 30 concellos de Galicia

A iniciativa conta cunha ampla variedade de actividades de formación e ocio destinada á mocidade galega

03/01/2023 | 09:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca as axudas de pago mensual de ata 800 euros para vítimas da violencia de xénero ás que destinará 5,6 M€ no período 2023-2024

O Diario Oficial de Galicia difunde hoxe a convocatoria da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade