Actualidade
Buscador de novas
Rueda pon en valor o magnífico sistema de FP que existe en Galicia grazas ao labor da comunidade educativa, as empresas e as familias
Destacou o feito de que hoxe en día os ciclos de Formación Profesional sexan a primeira opción para moitos, algo que fai sentirse “orgullosos”
Román Rodríguez destaca un novo impulso transformador ás políticas educativas e culturais de Galicia cun orzamento de preto de 3.000 M €, o máis alto da historia por cuarto ano consecutivo
Asegura que con estas contas, que medran un 2,8%, a Xunta blinda o seu modelo a prol duns servizos públicos “de calidade, equitativos e inclusivos”
A directora xeral de Innovación Educativa destaca o labor do CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas, que amplía a súa biblioteca escolar
O colexio forma parte do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Xunta de Galicia dende o curso 2011-12
A Xunta fai un chamamento aos escolares de Cerdedo-Cotobade para que rachen cos estereotipos á hora de escoller unha profesión
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou nunha charla no IES de Cotobade no marco da campaña ‘Ti elixes’, en colaboración coa Federación empresarial de aserradoiros e rematantes de madeiras de Galicia (Fearmaga)
Case 200 alumnos de 84 centros compiten desde hoxe en 24 especialidades de FP nas Galiciaskills 2023
Un total de 3.000 estudantes de ESO e Bacharelato achegaranse para coñecer estas ensinanzas, nas que a Xunta redobra o investimento ata case os 30M€
A Xunta mellora os aseos e o pavimento do patio cuberto do CEIP da Barqueira, en Cerdido
As obras, incluídas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, execútanse grazas a un investimento da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades
O delegado territorial visita o CEIP Fermín Bouza Brey, onde a Xunta investirá máis de 440.000 euros en carpinterías
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, asegurou que esta obra de mellora da eficiencia enerxética será un “antes e un despois” para o centro
A Xunta destinará ata 360.000 euros á colaboración coas universidades públicas galegas para o fomento da cultura emprendedora entre a mocidade
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Joaquín Reigosa, asinaron hoxe un convenio por valor de 20.000 euros para formar o alumnado e promover iniciativas empresariais
O Premio Otero Pedrayo 2023 recoñece o labor do profesor Darío Villanueva
O xurado distingue a traxectoria deste académico e crítico literario pola súa contribución á cultura no campo das letras e do coñecemento
A Xunta celebra o Día da Biblioteca con actividades infantís, exposicións e obradoiros
Co gallo desta efeméride que se celebra mañá, haberá un amplo abano de actividades nos sete centros da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades