Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.980 novas da área temática Áreas temáticas:

05/07/2024 | 13:46 | C. de Política Social e Igualdade

Manuel Pardo louva o labor da Asociación María Andrea de Ourense a prol da defensa dos dereitos das mulleres viúvas e dos seus fillos

O delegado territorial subliñou que na provincia de Ourense foron 12 as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que recibiron achegas por un valor total de preto de 221.000 euros

05/07/2024 | 13:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia o desenvolvemento de 45 proxectos de innovación aplicada deseñados por centros de FP que destacan polo seu potencial

Román Rodríguez subliña a calidade destas iniciativas de carácter científico que os alumnos implementan ao longo do curso e que contan coa colaboración empresarial

05/07/2024 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta ten en marcha investimentos que suman 105 M€ para urbanizar e construír as primeiras 359 vivendas de promoción pública na ampliación de Navia

A cifra inclúe o investimento nas urbanizacións dos polígonos 1 e 2, o relativo á construción de 359 vivendas de promoción pública no polígono 1 e as obras de reparación das rúas que quedan por entregar ao Concello de Vigo da primeira fase

05/07/2024 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Martínez Allegue aborda coa Asociación de Construtores de Pontevedra actuacións en materia de vivenda e infraestruturas

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, xunto coa delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou hoxe en Vigo nun almorzo informativo co citado colectivo da construción

05/07/2024 | 13:24 | C. do Mar; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A colaboración das Consellerías do Mar e de Educación permite que o IES Marqués de Sargadelos imparta o vindeiro ano o 1º ciclo medio de cultivos acuícolas de Galicia

O Goberno galego dá resposta a outro obxectivos que demanda o tecido empresarial, que é contar con persoal debidamente formado e cualificado

05/07/2024 | 13:19 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda destaca o selo Artesanía de Galicia como factor de identidade que axuda a crear emprego e dinamizar o rural

Sinala que a comunidade foi a primeira en posuír un distintivo propio no sector, sendo hoxe “unha marca moi consolidada que dá a volta ao mundo”

05/07/2024 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os avisos por niños de avespa velutina recibidos pola Xunta no que vai de ano reducíronse en case un 60 % coa activación das medidas de choque

A directora xeral de Administración Local e o director xeral de Emerxencias e Interior mantiveron hoxe unha reunión con representantes da empresa pública Seaga encargada da retirada dos niños, da central de chamadas do 012 e do 112 Galicia

05/07/2024 | 12:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Catro centros tecnolóxicos recibirán case 8 M€ da Xunta para mellorar as infraestruturas de investigación e ensaio

O CTAG recibirá unha axuda de 4M€, mentres que AIMENT recibirá 3,2M€, Gradiant uns 263.000€ e CETIM 442.000€