Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.408 novas da área temática Infraestruturas:

23/10/2023 | 13:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca que os orzamentos da Xunta para 2024 reservan 4,1 M€ para avanzar na humanización da fachada marítima e nos proxectos destinados a “abrir Ferrol ao mar”

Vázquez Mourelle destaca que as obras impulsadas en colaboración coa Autoridade Portuaria representan a 1ª fase do proxecto “Abrir Ferrol ao Mar” que a Xunta continuará a desenvolver co Concello

21/10/2023 | 14:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez adianta que os orzamentos da Xunta de 2024 recollen un investimento de 35 M€ para executar novas sendas que faciliten os desprazamentos cotiáns

Vázquez Mourelle sinala que o Goberno galego seguirá desenvolvendo itinerarios para fomentar a mobilidade sostible e segura, que se sumarán aos 250 quilómetros de sendas construídos na última década cun investimento de 50 M€

21/10/2023 | 10:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por preto de 135.000 € a obra de humanización da contorna da praza da Ermida, en Covelo

A intervención consistirá no redeseño da rede viaria, na instalación de mobiliario urbano e na corrección de impactos paisaxísticos, entre outros traballos

20/10/2023 | 17:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os orzamentos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para o ano 2024 na provincia da Coruña acadan preto de 266 M€

A Xunta destinará 111 M€ a avanzar na vertebración territorial e na mellora das estradas convencionais, con case 21 M€ dirixidos á conservación de estradas, supresión de tramos de concentración de accidentes ou mellora da mobilidade

20/10/2023 | 16:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os orzamentos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para 2024 superarán os 80,6 M€ na provincia de Lugo

A partida máis elevada, 35,25 M€, destínase a infraestruturas viarias o que permitirá, entre outras actuacións, impulsar con consenso a Rolda Leste na cidade de Lugo, con 5 M€ en 2024 e compromisos plurianuais para os vindeiros exercicios doutros 15 M€

20/10/2023 | 16:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os orzamentos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para 2024 na provincia de Pontevedra superan os 158 M€

As actuacións no eido das estradas reciben a maior partida, 77,7 M€ para avanzar na construción de vías de altas prestacións e a mellora e conservación das vías convencionais

20/10/2023 | 16:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os orzamentos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade na provincia de Ourense para 2024 acadan preto de 70 M€

A partida máis elevada, 41 M€, destínase a infraestruturas viarias, o que permitirá, entre outras actuacións, impulsar a mellora da OU-533 entre Valdeorras e A Gudiña ou da OU-540, na Baixa Limia, con 1,5 M€ en 2024 e compromisos plurianuais para os vindeiros anos por importe de 18 M€

20/10/2023 | 15:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que as contas de 2024 reservan 1,5 M€ para reforestar as marxes da autovía do Morrazo, plantando 25.000 frondosas autóctonas no marco da estratexia de estradas verdes da Xunta

Adianta que os traballos comezarán na próxima primavera, aumentando a protección fronte aos incendios, optimizando a conservación e avanzando cara á neutralidade en carbono nas estradas

20/10/2023 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa o edificio administrativo autonómico en Ferrol cun investimento de 1,5 M€

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes visitou as instalacións, onde finalizan as obras de eficiencia enerxética ás que se destinaron máis de 826.000 euros e comezan as de ampliación dotadas con 680.000 euros

19/10/2023 | 14:07 | C. de Sanidade

A Xunta volverá superar en 2024 os 250 M€ de investimento en infraestruturas e equipamento para os hospitais públicos

A xerente do Sergas destacou no Parlamento de Galicia a aposta do goberno galego por manter e mellorar o estado das infraestruturas sanitarias