Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 520 novas da área temática Igualdade:

18/01/2023 | 13:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta asiste á presentación do proxecto de voluntariado interxeracional ‘A memoria de Ames’

O Concello participa na convocatoria do Goberno galego para o impulso de iniciativas que fomenten o encontro entre persoas maiores e xente nova de entre 16 e 35 anos
 

18/01/2023 | 13:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana pon en valor os servizos especializados que a vivenda tutelada de Burela presta ás mulleres vítimas de violencia de xénero con enfermidade mental

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe a entidade Saúde Mental A Mariña que puxo en marcha este proxecto que cumpre este mes o seu 4º aniversario

18/01/2023 | 11:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia a 40 entidades sociais na promoción da igualdade e a loita contra a violencia de xénero con preto de 780.000 € con cargo ao 0,7% do IRPF

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución desta liña de axudas dirixida a financiar programas para apoiar a mulleres en situación de especial vulnerabilidade
 

17/01/2023 | 13:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana resalta o benestar laboral como valor empresarial para unha economía máis próspera

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe a empresa naronesa Prace Servizos e Obras, beneficiaria do programa ‘Responsabilízate’ que promove o seu departamento
 

16/01/2023 | 14:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a importancia de impulsar as mesas locais contra a violencia de xénero para mellorar a resposta institucional ante posibles casos

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na xuntanza celebrada no municipio coruñés na que puxo en valor os recursos do Goberno galego para loitar contra a violencia machista
 

16/01/2023 | 14:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia mediante un convenio de 60.500 € a creación das aulas do maior de Ribeira que benefician xa a 70 maiores

¡Levan tres meses en funcionamento e nelas realízanse obradoiros de memoria, novas tecnoloxías, actividades de alfabetización e exercicio físico como o taekwondo

16/01/2023 | 12:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta desprega a exposición ‘Artenon’ pola cidade de Pontevedra para seguir concienciando contra a violencia de xénero

O delegado territorial, Luis López, visitou hoxe a mostra, que despide a súa estancia no complexo administrativo de Campolongo para instalarse esta mesma semana no edificio xudicial da Parda

16/01/2023 | 12:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta concede axudas a preto de 80 entidades sociais para a adquisición de vehículos adaptados

A liña de axudas, que conta cun orzamento de 3,6 millóns de euros, permite a compra de 88 vehículos

15/01/2023 | 11:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A quenda de garda psicolóxica para a atención 24 horas ás vítimas de violencia de xénero atendeu en 2022 86 mulleres e menores e realizou 79 intervencións

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse en Santiago de Compostela cos responsables do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para facer balance do convenio que a entidade mantén coa Xunta para prestar este servizo

12/01/2023 | 14:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca para o próximo 20 de xaneiro o pleno do Observatorio Galego da Violencia de Xénero

Trátase dunha xuntanza ordinaria na que, entre outros asuntos, abordaranse propostas para a mellora da resposta institucional contra a violencia machista