Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 542 novas da área temática Forestal:

13/02/2023 | 16:24 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes

Segundo as últimas medicións, o lume afecta arredor dunhas 65 hectáreas, a maior parte delas de monte raso

13/02/2023 | 13:52 | C. do Medio Rural

Estabilizado un incendio forestal no concello ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes, que se orixinou en tres focos e que afecta unhas 50 ha provisionais

Continúa controlado o incendio do municipio coruñés de Carnota, parroquia de Lariño, con arredor de 125 hectáreas de afectación, a maior parte delas de monte raso

13/02/2023 | 13:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. do Medio Rural

O Plan Conecta FP fixa o sector forestal como un dos prioritarios para aumentar os 2000 alumnos actuais

Preto de 300 persoas entre representantes empresariais e dos centros de FP analizan os retos de futuro nun ámbito que supón ao redor do 1,6% do PIB en Galicia

13/02/2023 | 12:36 | C. do Medio Rural

A Xunta prorroga o convenio de protección das aldeas, dotándoo cun orzamento adicional de 13,5 millóns de euros

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural pola que prorroga este convenio dados os bos resultados obtidos ata o momento, xa que a superficie xestionada nas faixas secundarias pasou de representar a metade do total en 2019 a superar o 70 % neste ano 2022

13/02/2023 | 11:58 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Carnota, parroquia de Lariño

Segundo as últimas medicións, o lume afecta arredor dunhas 125 hectáreas, a maior parte delas de monte raso

13/02/2023 | 09:47 | C. do Medio Rural

Estabilizado un incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Carnota, parroquia de Lariño

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta arredor dunhas 70 hectáreas provisionais

11/02/2023 | 10:00 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o convenio de protección das aldeas fronte ao lume como unha iniciativa pioneira en Europa

Manuel Francisco salientou que ao abeiro deste convenio asinado entre a Xunta, a empresa pública Seaga e a Fegamp púxose en marcha un sistema novidoso de xestión da biomasa que está dando moi bos resultados

10/02/2023 | 15:13 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta que todos os propietarios de vivendas afectadas polos lumes de xullo na provincia de Lugo xa recibiron as axudas para a reconstrución

Ángeles Vázquez explica que se concederon 19 axudas -todas as solicitadas-, o que supuxo un financiamento de máis de 1 millón de euros

09/02/2023 | 17:57 | C. do Medio Rural

A Xunta e os Concellos de Mondoñedo e Riotorto avanzan na mellora de infraestruturas como a nova base de unidade operativa e vías entre ambos municipios

Na xuntanza confirmouse que se está a tramitar a preceptiva licenza de obras para o novo BUO de Mondoñedo, no que se investirán uns 400.000 euros e cuxa estrutura se realizará con madeira galega no marco da reformulación dos puntos de encontro das brigadas de incendios para acoller tamén outros traballadores do Servizo

08/02/2023 | 16:20 | C. do Medio Rural; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a coordinación cos responsables dos distritos forestais portugueses da fronteira con Galicia para mellorar a loita contra o lume

O director xeral de Defensa do Monte e o xerente da Axencia Galega de Emerxencias mantiveron unha reunión por videoconferencia cos representantes lusos na que se analizaron os incendios das últimas semanas na área xeográfica común