Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 859 novas da área temática Economía:

10/07/2023 | 14:47 | C. de Economía e Industria

Corazón da Artesanía encheu Os Pendellos de Agolada esta fin de semana con máis de 8.000 visitantes

O encontro organizado pola Xunta permitiu establecer novas relacións comerciais grazas á presenza de prescritores de marcas e tendas especializadas de Londres, Estocolmo e Madrid, entre outros profesionais vinculados á artesanía

09/07/2023 | 11:07 | C. de Economía e Industria

Galicia reforza as relacións comerciais con China cun novo acordo coa Cámara de Comercio e Industria do país asiático

Asinado no transcurso dunha viaxe a China levada a cabo estes días por representantes do Igape, dá continuidade ao impulsado no 2018, que fixo de Galicia a primeira Comunidade autónoma en contar cun memorando destas características cunha das cámaras de comercio máis importantes do país que agrupa máis de 10.000 empresas

08/07/2023 | 17:38 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles destaca a importancia da ruta Traslatio para impulsar a Galicia como destino turístico náutico

A ruta Traslatio trátase dunha das dez rutas xacobeas oficialmente recoñecidas e a única que existe polo mar, rematando cun remonte polo río Ulla

08/07/2023 | 10:25 | C. de Economía e Industria

A Xunta debate a futura Lei de innovación e ciencia de Galicia cos membros do Consello Asesor de I+D+i

A Administración autonómica continúa coas reunións bilaterais para consensuar a norma antes da consolidación dun borrador e o seu sometemento a audiencia pública e aprobación

07/07/2023 | 15:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa o desenvolvemento de baterías máis eficientes para o vehículo eléctrico a través dun proxecto liderado por Ferroglobe

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou hoxe en Arteixo na presentación de resultados da iniciativa Eco-Smart Batt, no que colaboraron as empresas Ferroglobe Innovation, ABCR Laboratorios, Enso Innovation, Artabro Tech e o centro tecnolóxico Cetim

07/07/2023 | 13:57 | C. de Economía e Industria

Lorenzana reivindica en Agolada a importancia cultural e económica da artesanía de Galicia

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, inaugurou hoxe a décima edición do Corazón da Artesanía, onde sinalou que o número de obradoiros rexistrados alcanza xa os 857, case o dobre que en 2012

07/07/2023 | 12:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta ve no talento e a innovación unha vantaxe competitiva no actual escenario económico

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou na xornada ‘Tomando o pulso ao mercado de traballo’, celebrada en Santiago de Compostela

06/07/2023 | 13:58 | C. de Economía e Industria

O encontro Corazón da Artesanía celebra desde mañá en Agolada a súa décima edición unindo oficios tradicionais, gastronomía e música

A Xunta de Galicia organiza no conxunto histórico-artístico dos Pendellos esta iniciativa na que se amosará entre mañá e o domingo o traballo de 53 artesáns de 25 oficios diferentes, e no que haberá 31 expositores de produtos gourmet

05/07/2023 | 22:03 | A Presidencia da Xunta

Rueda salienta a contribución dos empresarios galegos na construción da Galicia potente que bate récords en exportacións

Resalta a Estratexia de internacionalización 2021-2025, a Lei de simplificación administrativa e a carteira de proxectos industriais de Galicia como mostras do compromiso da Xunta co tecido empresarial