Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 520 novas da área temática Igualdade:

30/01/2023 | 11:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a formación sobre emprendemento feminino e plans de igualdade nas entidades galegas de atención ás persoas con discapacidade

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, inaugurou hoxe o taller formativo no que participaron preto de 45 persoas que poderán obter un certificado de aproveitamento do curso

30/01/2023 | 10:37 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta investirá 3,4 M€ ata 2026 no Programa de integración familiar para atender a nenos e familias nas que se dan situacións de desprotección ou maltrato

A través deste programa, que a partir de 2023 se desenvolverá mediante o réxime de concerto social, actúase nos fogares con nenos e adolescentes vulnerables en tres áreas: a funcionalidade, a preservación e a reunificación familiar

30/01/2023 | 10:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración
27/01/2023 | 15:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana pide altura de miras e coordinación ao Goberno central para unha resposta integral e eficaz contra a violencia de xénero

A conselleira de Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe nunha xuntanza do Comité de crise convocado polo Ministerio de Igualdade ante o incremento dos asasinatos de mulleres neste inicio de ano

27/01/2023 | 10:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta activa as axudas de pago único para axudar ás mulleres vítimas da violencia de xénero con dificultades para atopar un emprego

O Goberno galego publicita hoxe no Diario Oficial de Galicia a nova convocatoria á que destinará 1,5M€ en 2023
 

26/01/2023 | 13:47 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta abre o prazo de presentación para o concurso do deseño do cartel do 8 de marzo, Día Internacional da Muller

Poderán participar da iniciativa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, como en anteriores edicións, os centros educativos galegos

25/01/2023 | 19:33 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta leva a cabo en Ferrol unha nova edición do ciclo Xacobeo Peregrinas coa participación de Ana Ares, María Canosa e Paloma Lago

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no acto que tivo lugar esta tarde no Museo Exponav

25/01/2023 | 13:27 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O II Plan Galego de Conciliación e Corresponsabilidade ábrese ás achegas dos axentes sociais e promoverá máis e mellores medidas de benestar laboral ata 2025

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presentou no Consello Galego das Mulleres as liñas mestras do novo plan que quere amortecer o reparto desigual dos coidados, fomentar novas formas de traballo e das carreiras das mulleres
 

20/01/2023 | 12:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana reclama unidade de acción de todos os gobernos e poderes públicos na resposta institucional contra a violencia de xénero

Ante o Pleno do Observatorio Galego contra a Violencia de Xénero celebrado hoxe, a conselleira da Igualdade, María Jesús Lorenzana, instou a seguir a traballar na prevención desde todos os eidos e da man de todas as administracións

19/01/2023 | 12:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca a liña de apoios de ata 40.000 euros para que entidades de iniciativa social desenvolvan programas de apoio a mulleres vulnerables

O Goberno galego publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a nova convocatoria á que destinará 1,4 M€