Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 859 novas da área temática Economía:

13/07/2023 | 20:03 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o compromiso das empresas galegas para seguir construíndo unha Galicia potente a través dun tecido económico forte e competitivo

Pon en valor que Galicia é unha terra atractiva para investir ao ofrecer estabilidade, garantías e certezas aos empresarios

13/07/2023 | 19:34 | C. do Mar

As pemes galegas de transformación de produtos do mar impulsan este ano 50 proxectos de innovación por importe de 17,6 M€ para mellorar a súa competitividade

A Xunta apoia ás beneficiarias co 50 % do importe subvencionable e concede máis de 8,8 millóns de euros en axudas, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, na convocatoria de 2023

13/07/2023 | 14:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca os programas InnovaPeme e DeseñaPeme para impulsar a competitividade das pequenas e medianas empresas galegas

Hoxe celebrouse en Ribadeo unha xornada informativa destas liñas de axuda coa colaboración da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL)

13/07/2023 | 14:38 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre a convocatoria para participar no III Foro Profesional de Instrumentos Musicais de Tui Resonancias 23

O encontro celebrarase os días 2 e 3 de agosto no marco da XVII edición do festival Música no Claustro e estará centrado na construción artesanal de instrumentos musicais, con especial atención ao emprego de madeiras galegas nestes oficios

13/07/2023 | 14:32 | C. de Economía e Industria

A empresa de Palas de Rei Ecocentro recibe a certificación de Galicia Calidade

A xerente do organismo dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, Ana Méndez, entregoulles hoxe o certificado aos responsables da compañía, que produce ovos campeiros

12/07/2023 | 20:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta a importancia do talento e o liderado para impulsar a competitividade e camiñar cara a unha economía sustentable

A directora do Igape, Covadonga Toca, participou hoxe en Santiago de Compostela no encontro ‘Líderes que deixan pegada’, organizado por APD, onde puxo en valor os procesos de transformación tecnolóxica e a cultura da sustentabilidade

12/07/2023 | 14:04 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que o grupo Cupa avanza cara a produción intelixente e sustentable da lousa

O consorcio de empresas liderado por Cupa Innovación informou esta mañá do proxecto Smart4slate: enfoque holístico para unha produción intelixente e sustentable 4.0 da lousa natural, enmarcado no programa Fábrica Intelixente e Sustentable

11/07/2023 | 13:13 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade entrega o selo de garantía á adega de Petín Terriña

A xerente do organismo dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación, Ana Méndez, reuniuse hoxe cos responsables da compañía

10/07/2023 | 18:14 | C. de Economía e Industria

Lorenzana pon en valor o traballo conxunto de GKN Driveline e Aimen para que a automoción galega avance en tecnoloxías intelixentes

A conselleira de Economía, Industria e Innovación participou hoxe na presentación de resultados da Unidade Mixta de Investigación de GKN Driveline e Aimen e do proxecto que desenvolveron ao amparo do programa Fábrica Intelixente e Sustentable