Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.980 novas da área temática Áreas temáticas:

05/07/2024 | 22:56 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda pon en valor as medidas da Xunta para consolidar Galicia como o mellor lugar para vivir e investir

Destaca iniciativas como a Oficina Económica de Galicia ou o plan de aceleración e impulso de proxectos empresariais

05/07/2024 | 18:12 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta mostra o seu compromiso para desenvolver proxectos culturais en Lugo

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visitou a cidade para tratar asuntos da súa área, entre eles as iniciativas do Grupo Etnográfico Traxandaina, entidade que realiza accións en prol do coñecemento da vestimenta e tradición galegas

05/07/2024 | 17:21 | C. do Medio Rural

A Xunta reclama ao Ministerio de Agricultura a mellora do sistema de seguros agrarios para incrementar as subvencións nas pólizas galegas

Así o trasladou hoxe o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, na Comisión 7ª do Parlamento

05/07/2024 | 16:28 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Xunta promove unha alianza estratéxica entre a sociedade civil e administracións europeas para reforzar a colaboración internacional no Camiño

O director de Turismo de Galicia preside o acto de firma de acordo entre a federación de asociacións xacobeas Europa Compostela e a Federación Europea do Camiño de Santiago que preside o Goberno autonómico este ano

05/07/2024 | 15:40 | C. do Medio Rural

A consellería de Medio Rural promove a elaboración da Estratexia da planta ornamental e da flor de Galicia a través de mesas de traballo con axentes do sector

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, presentou os datos do sector no que Galicia destaca por ser a quinta comunidade produtora de flores e plantas ornamentais, achegando o 9% do valor total nacional

05/07/2024 | 15:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo a colaboración con AJE Galicia para o fomento do emprendemento e da remuda á fronte dos negocios vertebradores do territorio

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social participaron hoxe en Santiago na xornada Emprender, un oficio de risco, organizada pola Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Galicia

05/07/2024 | 15:15 | C. de Sanidade

A consellería de Sanidade solicita a colaboración da alcaldesa de Moaña no impulso do Centro Integral de Saúde do Morrazo para optimizar a asistencia na comarca

O conselleiro de Sanidade lembra que é preciso que o Concello de Cangas desbloquee a situación e ceda os terreos para poder iniciar os trámites para a execución dun novo centro sanitario de vangarda de referencia no Morrazo

05/07/2024 | 15:04 | C. de Sanidade

A Escola Galega de Saúde Pública forma persoal dos concellos da provincia de Pontevedra na prevención e control do mosquito tigre

Os concellos de Mos, Vilaboa, Sanxenxo, Marín, Vigo, O Porriño, Cangas, Soutomaior e Nigrán participaron nunha xornada formativa sobre a colocación e recollida de mostras desta especie

05/07/2024 | 15:00 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Anxo M. Lorenzo destaca o Festival Groba como punto de encontro para a música clásica en Galicia

Esta cita homenaxea o legado do mestre Rogelio Groba, ponteareán sinalado por ser un dos músicos e compositores máis distinguido do século XX