Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.291 novas da área temática Sanidade:

08/07/2024 | 14:16 | C. de Sanidade

Os Servizos de Inspección Veterinaria de Pontevedra, primeiros en España en facerse coa acreditación ENAC polo seu labor no eido da seguridade alimentaria

Galicia é a primeira comunidade autónoma en acadar este recoñemento no ámbito agroalimentario e, en concreto, no ámbito da seguridade alimentaria

08/07/2024 | 10:59 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 80 persoas por 60 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 5 de xulllo ata as 23,59 horas do domingo, 7 de xullo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 79 chamadas por accidentes de tráfico

07/07/2024 | 15:33 | C. de Sanidade

A Xunta investirá máis de 150.000 euros nas novas áreas de cardioloxía intervencionista do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Suporá habilitar dúas salas con máis espazo para hemodinámica e novo espazo para electrofisioloxía 

06/07/2024 | 15:24 | C. de Sanidade

Caamaño destaca a contribución de Marisa Crespo á Sanidade Pública Galega no seu nomeamento como filla predilecta da provincia de Ourense

O titular de Sanidade puxo en valor o traballo da doutora Crespo no eido das investigacións vinculadas á insuficiencia cardíaca e aos transplantes de corazón

05/07/2024 | 15:15 | C. de Sanidade

A consellería de Sanidade solicita a colaboración da alcaldesa de Moaña no impulso do Centro Integral de Saúde do Morrazo para optimizar a asistencia na comarca

O conselleiro de Sanidade lembra que é preciso que o Concello de Cangas desbloquee a situación e ceda os terreos para poder iniciar os trámites para a execución dun novo centro sanitario de vangarda de referencia no Morrazo

05/07/2024 | 15:04 | C. de Sanidade

A Escola Galega de Saúde Pública forma persoal dos concellos da provincia de Pontevedra na prevención e control do mosquito tigre

Os concellos de Mos, Vilaboa, Sanxenxo, Marín, Vigo, O Porriño, Cangas, Soutomaior e Nigrán participaron nunha xornada formativa sobre a colocación e recollida de mostras desta especie

05/07/2024 | 14:13 | C. de Sanidade
05/07/2024 | 14:07 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 700.000 euros a obra da nova unidade de rehabilitación cardíaca do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

A unidade, que se ocupa da recuperación integral dos pacientes que sufriron unha patoloxía cardíaca aguda, renovará e ampliará os seus espazos ata arredor de 350 m2 

04/07/2024 | 15:39 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

O Sergas e as tres universidades galegas prorrogan os seus concertos na procura de optimizar a formación dos profesionais sanitarios galegos

O Executivo galego destinará un orzamento global de 5.289.479 euros para posibilitar o emprego das institucións sanitarias con finalidades docentes, asistenciais e de investigación

04/07/2024 | 14:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta comeza os traballos de escavación para a construción da Torre Polivalente do Novo Hospital Público da Coruña, que suporá un investimento de máis de 35 M€

Martínez Allegue salientou que, tras o retranqueo dos servizos, avanzan as escavacións para executar a Torre Polivalente, a primeira edificación icónica do Novo CHUAC