Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 599 novas da área temática Pesca:

19/06/2024 | 19:00 | C. do Mar

Alfonso Villares destaca o liderado de Ribeira na pesca de baixura e anima a cidadanía a aproveitar o San Xoán para consumir a mellor sardiña galega

A lonxa ribeirense está acaparando a maioría das descargas desta especie este ano marcado polas boas capturas aínda que a maioría da flota do cerco continúa no cantábrico apurando a campaña do bocarte

18/06/2024 | 14:10 | C. do Mar

A Xunta cualifica de “chapuza” a sementeira realizada polo Goberno central tras a dragaxe da ría do Burgo e reclama que se cumpra co marcado no proxecto

A Consellería do Mar sinala que só foron sementadas dúas das catro especies existentes previamente ás obras, en menos unidades das necesarias para unha correcta rexeneración e polos propios obreiros da obra, sen a cualificación necesaria 

17/06/2024 | 19:02 | C. do Mar

A Xunta critica que se cargue nos axustes constantes á actividade da flota a mellora do estado dos caladoiros comunitarios

O responsable autonómico sinala que que se ben hai indicios de sustentabilidade ambiental e económicos, grazas a caída do coste do gasóleo, estes non teñen traslado en termos sociais 

14/06/2024 | 17:31 | C. do Mar

Villares sitúa ao Grupo Pereira como referente en integración vertical, abarcando todas as fases do proceso produtivo ata a venda do produto final

Puxo en valor o carácter social e empresarial desta entidade, dentro do proceso produtivo que achega preto do 5 % do PIB galego; ratificando o seu liderado no eido da exportación

13/06/2024 | 19:26 | C. do Mar; A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta traslada o seu labor e compromiso a prol da mellora da clasificación microbiolóxica das zonas de produción marisqueira de Cedeira e Valdoviño

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, presidiu esta mañá unha reunión con representantes de ambos concellos e a confraría de Cedeira para analizar a situación dos bancos marisqueiros da ría e posibles medidas para mellorala

13/06/2024 | 14:59 | C. do Mar

Alfonso Villares destaca a proxección exterior do liderado galego no ámbito pesqueiro con compañías que operan nos cinco continentes

O titular de Mar sitúa o desenvolvemento de modelos de negocio integrados que vaian desde a extracción da materia prima ata a súa comercialización, a aposta pola xeración de valor engadido e pola sustentabilidade como os mellores piares do sector

12/06/2024 | 17:05 | C. do Mar

Villares destaca no Parlamento co programa Marlimpo promovido pola Xunta permitiu a retirada de 425 toneladas de residuos das costas galegas

Foron un total de 36 os proxectos desenvolvidos nos últimos catro anos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños que permitiron extraer do litoral restos de vidro, cerámica, madeira ou plásticos